Durante os primeiros días de curso imos recuperar as tradicionais Xornadas de Promocións Deportivas en colaboración cos Clubes Deportivos da Eurocidade de Tui-Valença. O propósito é que o noso alumnado coñeza a oferta deportiva que ten na Eurocidade e poida gozar na mesma.
O luns día 21 de xuño,o alumnado de 2ºB levou a cabo un rastrexo por todo o cole. Tiveron que buscar pistas, investigar, ler, descubrir... Toda unha aventura fascinante, na que o pasaron xenial.
Harry Potter treasure hunt
On June 21st, 2nd B grade students participated in a treasure hunt where they must to solve puzzle and discover things related with the content of this year. They had a great time and they found the "Chamber of secrets" where a trasure was waiting for them.
Ginkana do Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar 21 .
15 Xuño do 2021
O día 15 de xuño tivo lugar a ginkana deportiva con pistas e xogos que achegan o noso alumnado ao Camiño de Santiago. Levouse a cabo para o alumnado de 3º, nas inmediacións da cidade de Tui, cunha duración de una xornada lectiva, en colaboración do centro coas familias, o Concello de Tui e outras entidades ás que temos que agradecer a súa colaboración desinteresada.
Grazas a tod@s por facer posible, que o alumnado de 3º disfrutara de esta actividade de vida saudable e feliz, nun entorno como é o Río Miño.
Santiago's way ginkana
On June 15th 3rd Grade enjoyed a ginkana in Tui where they discovered some parts of Santiago's way. Thnks to Tui's council and some parents our students learnt a lot and had a great time.
Durante as últimas semanas do mes de xuño o alumnado de 4º,5º e 6º, tiveron a oportunidade de gozar de actividades acuáticas no Río Miño. Da man do Club Kaiak Tudense, coa colaboración de Manuel Pedrares e os seus compañeiros de club,o noso alumnado pasou a mañá en kaiak para achegarse ao piragüismo e quen sabe se algún chegará a ser unha promesa de este deporte.
Moitísimas grazas a Manuel Pedrares, aos seus compañeiros e ao Club Kaiak por toda a súa colaboración e por darnos a oportunidade de realizar fantásticas xornadas coma estas.
Kayaking. Tui Kayak Club
During these last weeks in June, 4th, 5th and 6th grade had the chance to enjoy some water activities in Miño River. Thanks to Manuel Pedrares and his mates, our pupils spent a great day practicing kayaking.
Dentro das actividades do medio natural previstas para este curso, e tendo en conta as medidas de seguridade ante a situación covid-19, o alumnado de 4 anos levou a cabo, o pasado mércores 16 de xuño, un paseo e almorzo na Alameda de Tui. Un xeito de seguir fomentando hábitos de vida saudables do noso proxecto Eramus+ cos máis cativos do centro.
Outdoors snack
On June 16th, our 4 year-old students spent a great time having their snacks in a beautiful garden near by our school.
Durante o mes de xuño moito do alumnado de primaria, animouse cunha actividade novedosa de sendeirismo, para achegarse á cultura tudense que ten na súa historia, una ruta polo túnel de Dna Urraca, na época xudía en Tui.
Unha ruta da Concellalía de cultura do Concello de Tui, que puxo a proba a búsqueda e resolución de enigmas e probas que acadamos resolver.
Estes pequenos e grandes exploradores lograron percorrela con éxito. Noraboa!
Outdoors activity "O tunel de dona Urraca"
1st grade students patcipate in the activity "O tunel de dona Urraca" organized by Tui's tourism office. They had a great time discovering some interesting places and information from Tui.
O día 11 de xuño, os nenos e nenas de 2º fixeron a ruta do Río Lagartón, dende o cole ata ao a Senda do Río Lagartón de Guillarei, coa finalidade de divertirse, facer deporte e coñecer o entorno coa súa flora e fauna.
Cos titores fomos cubrindo a credencial que nos levou polo Camiño de Santiago e despois descubrimos a Ruta do Río Lagartón, superando probas increibles.
Aquí vos deixamos as fotos do ben que o pasamos.
Lagarton River trail
On June 11th, 2nd grade students covered part of the Lagarton River route from our school to Guillarei. It was an amazing activity where they had a great time apart from practice sport and discoverer the environment.
O mércores 9 de xuño o alumnado de 4º fixeron unha ruta en patinete.
Primeiro recibiunos a Policía Local que nos contou con detalle as normas de circulación dos patinetes.
Depois puxemos en práctiva o aprendido dende o cole ata a Ponte Romana en Guillarei para coñecer a fauna e flora do entorno.
Cando rematamos desplazámonos ata o Parque do Penedo seguindo o Paseo Fluvial para realizar un taller de alimentación saudable. Fixemos brochetas de froia que estaban riquísimas.
Finalmente disfrutamos de un taller de Mindfulnes da man de Vanesa Rodríguez.
Moitísimas grazas a Vanesa e aos monitores de Medio Natural por ensinarnos tanto.
Scooter route
On Wednesday 9th of June, 4th grade students participated in a scooter route in Tui.
First, police gave us some rules about how we must circulate with our scooters. Then, we went from school to Penedo park. Besides, we made some healthy snacks and enjoyed an outdoors Mindfulness class.
Á volta do mes de Maio, tivemos una bonita sorpresa de Lúa, contándonos noticias de como segue a súa viaxe dando a volta ao mundo.
Coas nosas millas xa se atopa en China. Dende alí enviounos un agasallo que usamos para xogar no recreo: Pelotas !. Que ledicia!.
Agora xogamos coas pelotas, coa corda e a goma para poder pasalo ben durante ese ratiño de lecer. Agradecémolo moito sobre todo este ano que os recreos son tan diferentes aos de outros anos.
Este curso, aprendemos e investigamos sobre o noso folclore e tradicións. Tui e o noso entorno contan cunha riqueza incalculable nese senso. A cantidade de Asociacións Culturais, grupos e bandas de gaitas, de baile coas que conta, fan posible que a nosa cultura, os nosos bailes se transmitan de xeneracións a xeneracións. Aquí vos deixamos un documento no que podemos saber un pouco máis das tradicións de Galicia.
Para conmemorar o día das letras galegas, practicamos a Muiñeira, o baile tradicional más importante de Galicia. Aprender e poder transmitir o noso folclore e a nosa cultura é un dos obxetivos máis importantes de este día. O alumnado do CEIP Nº2 de Tui a ritmo de muiñeira, queremos compartir con todos vos un anaquiño de Galicia a nosa terra.
"Dia das letras Galegas" (Galician bank holiday)
In order to celebrate this important day in our region, students from our school practice our most famous dance "A Muiñeira". They had a great time dancing and learning this popular dance.
Continuamos co Proxecto Erasmus+ fomentando hábitos de vida saudable. Despois da semana da froita é o turno do noso alumnado, que cada día incorpora froita e alimentación saudable as súas merendas diarias.
Mostra do anterior son as fotos que engadimos, onde aparecen bocatas, bizcoito caseiro, magdalenas artesanas e moita froita. Implantando así un bo hábito alimenticio para ter unha boa saúde.
Healthy snacks at school
After the “fruit week”, it was our pupils the ones who must bring some fruit in their snacks. Besides, they love eating, so they also brought some delicious snacks such as homemade sponge cake or sandwiches.
Durante a semana do 15 ao 18 de marzo de 2021,a atención plena tivo como obxectivo pararse na conciencia do que se saborea, de xeito presente é consciente, para vivir unha expericiencia única degustando algo delicioso. Dende unha posición cómoda e tranquila o alumnado tivo que respirar evivir este sabroso momento.
Aquí vos deixamos algúns do bos momentos, practicando Mindfulness, coa atención plena no sentido do gusto.
Preme sobre as imaxes para ver o vídeo.
Taste (Mindfulness)
From 15th to 18th of March, we focus on concentrate ourselves in those things that we eat. So our snacks and recess were a perfect moment to seat confortable, relax and enjoy eating some of the delicious things that we brought.
Durante a semana do 8 ao 12 de marzo de 2021 a atención plena tivo como obxectivo pararse na conciencia do que se ve, mirando soamente o que se atopa nese intre. Dende unha posición cómoda e tranquila o alumnado tivo que respirar,ver imaxes e identificalas.
Aquí vos deixamos boa mostra destas actividades.
Sense of sight
This week, children made an activity were they had to focus in the present moment. So they had to seat in a conformatable way and just focus in those things that were around them.
O día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Este ano baixo o lema:Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo Covid-19”.
Dende o equipo de Deporte no 2 do C.E.I.P Nº 2 de Tui, queremos poñer en valor o esforzo, sacrificio e poder de superación que fan todas as mulleres, especialmente todas as mulleres tudenses. Para nós as líderes excepcionais no día de hoxe son todas as que dun xeito ou outro practican deporte, especialmente as Mulleres Deportistas Tudenses.
Aquí vos facemos unha pequena achega para que gocedes dunha data tan especial, co exemplo dalgunhas das moitas Mulleres Líderes no Deporte Tudense.
Aquí podedes ver o vídeo.
Aquí podedes descargar o vídeo.
Moitísimas grazas a todas as deportistas, persoas e entidades que fixeron posible esta bonita experiencia para o alumnado do Ceip Nº2 de Tui. Os nosos parabéns para todas as deportistas e "Líderes no deporte tudense a todos os niveis".
Aquí podedes ver o moito que agradecemos este vídeo das nosas grandes deportistas. Grazas a todas elas, este curso, tivemos un día da muller ilusionante, saudable e deportivo.
8th of March
In order to celebrate "International women day" some women leades sent us a piece of video. In this video, some professional sportswomen from Tui explain the hard work and dificulties to achieve their goals at sport.