Promocións
|
|
|
|
II Xornada de Dinamización Intercentros
Ceip Nº2 de Tui- Ceip Nº1 de Tui
A mañá de onte, Mércores día 11 de Marzo de 2015, tivemos a II Xornada de Dinamización Intercentros. Nesta xornada que xogamos no Pavellón Vello de Tui, en horario escolar de 10:00h a 13:30h, visitáronnos, os nosos amigos do Ceip Nº1 de Tui.
Os alumnos de 6ºA, xogaron no equipo alevín, e os alumnos de 4ºC representearon ao equipo Benxamín. Xogamos a: Balonmán, Bádminton, Volei, Xadrez, Baloncesto e Futbol-sala. Como somos nenos e nenas, todos os partidos foron mixtos.
O resultado foi o menos importante, o importante foi que o pasamos xenial, como podedes comprobar nas fotos que están a continuación.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
II Xornada de Dinamización Intercentros
Ceip Nº2 de Tui- Ceip Nº1 de Tui
Mañá, Mércores día 11 de Marzo de 2015, teremos a II Xornada de Dinamización Intercentros. Nesta xornada que xogaremos no Pavellón Vello de Tui, en horario escolar de 10:00h a 13:30h, visítannos, os nosos amigos do Ceip Nº1 de Tui.
Os alumnos de 6ºA, seremos os que representemos ao equipo alevín, e os alumnos de 4ºC seremos os que representemos ao equipo Benxamín. Xogaremos a: Balonmán, Bádminton, Volei, Xadrez, Baloncesto e Futbol-sala. Como somos nenos e nenas, todos os partidos son mixtos.
Temos que traer equipación do cole e chandal.
Invitamos as familias que queiran a disfrutar da xornada.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Agrupación Deportiva Baixo Miño convocou un concurso no que participaron varios coles da Agrupación e moitos nenos/as do noso colexio.
O logo gañador foi o realizado por Sofía Rodríguez Portela de 5ºC do noso cole, gañadora de un chandal e de unha camiseta da Agrupación Deportiva. Noraboa Sofía!
Así mesmo, o noso cole foi o de maior participación polo que tamén foi gañador de un lote de material deportivo. Noraboa a todos/as nenos/as que participastes.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Agrupación Deportiva Baixo Miño convoca un concurso no que poden participar tódolos nen@s do noso cole o Ceip Nº2 de Tui, para a realización dun novo logo da nosa entidade co fin de renovala e para publicala na nosa web no facebook.
Todos os participantes deberán cubrir e seguir as instruccións que aparecen marcadas nas bases do concurso. e que aquí tedes adxunto. Así como tamén o modelo no que se debe facer o debuxo.
Nas bases do concurso aparece ben detallado que os participantes que entreguen o seu debuxo, dará autorización para a súa publicación. Asimesmo, que o que resulte gañador terá que entregar o seu orixinal.
Dende a Agrupación Deportiva Baixo Miño animámosvos a participar no concurso para a elaboración dun logo máis moderno da Agrupación para a nosa páxina no FACEBOOK.
Para iso, hai que ter en conta as seguintes bases:
O traballo que se presenta a concurso consistirá nun debuxo relacionado co DEPORTE e que teña como protagonista a unha mascota (pode ser o que vos queirades animal, ser fantástico, persoa, …)
Asimesmo o debuxo terá que vir acompañado coa palabra AGRUDEBAN.
A palabra AGRUDEBAM ten que vir ben lexible e perfilada con rotulador para que poida destacar.
Todo isto farase no modelo adxunto que podedes descargar e imprimir.
Dito traballo debe ser orixinal e o máis coidadoso posible na súa elaboración e, ademais, acorde á idade do nen@.
Cos traballos entregados realizarase un sorteo entre todos os participantes e entregaráselle un agasallo ao gañador ou gañadora e tamén para o colexio ó que pertenza o gañador ou gañadora.
Ao traballo gañador pediráselle o debuxo orixinal.
Poderán participar tódolos nen@s de tódolos colexios aos que pertence á nosa Agrupación (A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui e Salceda)
Todos os traballos presentados a concurso terán autorización do seu autor para ser publicado na nosa páxina web, citando a súa orixe.
Os alumn@s que participedes deberedes entregar o traballo escaneado e envialo ao seguinte correo electrónico: tonyreyan@agrudebam.es con asunto CONCURSO LOGO AGRUDEBAM.
É moi importante que no correo electrónico escribades, de novo, os datos persoais (nome, apelidos, idade, centro no que estuda o nen@ e curso) que figuran no modelo adxunto e que estes veñan ben cumprimentados para poder realizar o sorteo de xeito satisfactorio.
A data límite de entrega será ata o 30 de abril
Animádevos a participar!
A Agrupación Deportiva Baixo Miño
Bases do Concurso podes descargalas aquí.
O modelo que tedes que usar para o voso debuxo podes descargalo aquí
|
|
|
|
|
|
|
|
|
10 Regras Deportivas para Papás.
Descubrimos que os papás son o xogador máis importante para os seus fillos/as. Un xogador que sen tocar o balón, é de gran axuda para ese pequeno gran xogador que é o seu fillo.
Aquí deixamos 10 regras que seguro todos os papás e mamás xa estades a practicar moi ben. Gracias por facelo de esta maneira e acadar que os vosos fillos/as sexan grandes deportistas, non polos seus resultados senón coma persoas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O MÉRCORES 4 E O XOVES 5 DE FEBREIRO, EN INFANTIL, CONTAMOS COA VISITA DUNHA PROFE DE YOGA XENIAL! A PROFE VANESA!.
ENSINOUNOS MOITÍSIMOS EXERCICIOS E XOGOS PARA RELAXARNOS. ESTIVEMOS MOI ATENTOS ÁS SÚAS EXPLICACIÓNS E QUEDÁMONOS CON GANAS DE SEGUIR APRENDENDO MÁIS SOBRE O TEMA .
PASÁMOLO MOI BEN!
O MARTES 24, O XOVES 26 E O VENRES 27 DE FEBREIRO, OS NENOS DE PRIMARIA, TAMÉN DISFRUTAMOS DE TODO O QUE SABE A PROFE VANE SOBRE YOGA.
EXPLICOUNOS QUE O YOGA PODENOS AXUDAR A: TER CONTROL DA MENTE, DO CORPO, RELAXARNOS, FORTALECER OS NOSOS MÚSCULOS E A ALINEAR O NOSO CORPO.
CON ELA FIXEMOS MOITAS FIGURAS: SAÚDO AO SOL, POSTURA DO LEÓN, DO GUERREIRO, DO ARBOL, DO GATO, DE SUPERHÉROES, DO CAMELO, DO ÁGUILA...
AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DO BEN QUE O PASAMOS:
TAMÉN VOS DEIXAMOS UN ARTÍCULO MOI INTERESANTE DE YOGA QUE ESCRIBIU A PROFE VANESA PARA UNHA REVISTA.
E SE VOS APETECE PRACTICAR YOGA AQUÍ VOS DEIXAMOS MÁIS INFORMACIÓN:
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Marc Márquez e Valentino Rossi dous grandes ídolos do mundo das Motos
Ester de 6ºA, nos achega ao Mundo das Motos Gp. Dous dos seus ídolos Marc Márquez e Valentino Rossi. Aquí vos deixamos a portada de estes 2 fabulosos libros, cheos de imaxes e os seus mellores momentos. Se tedes oportunidade de velos, ides a disfrutar moito dos seus soños, triunfos e paixóns.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
I Xornada de Dinamización Intercentros
Ceip Nº2 de Tui- Ceip Rebordáns de Tui
O pasado, Xoves día 22 de Xaneiro de 2015, tivemos a I Xornada de Dinamización Intercentros. Nesta xornada que xogamos no Pavellón Vello de Tui, en horario escolar de 10:00h a 13:30h, visitánnos, os nosos amigos do Ceip Rebordáns.
Os alumnos de 6ºB, representamos ao equipo alevín, e os alumnos de 4ºA representamos ao equipo Benxamín. Xogamos a: Balonmán, Bádminton, Volei, Xadrez, Baloncesto e Futbol-sala. Como somos nenos e nenas, todos os partidos foron mixtos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
I Xornada de Dinamización Intercentros
Ceip Nº2 de Tui- Ceip Rebordáns de Tui
Mañá, Xoves día 22 de Xaneiro de 2015, teremos a I Xornada de Dinamización Intercentros. Nesta xornada que xogaremos no Pavellón Vello de Tui, en horario escolar de 10:00h a 13:30h, visítannos, os nosos amigos do Ceip Rebordáns.
Os alumnos de 6ºB, seremos os que representemos ao equipo alevín, e os alumnos de 4ºA seremos os que representemos ao equipo Benxamín. Xogaremos a: Balonmán, Bádminton, Volei, Xadrez, Baloncesto e Futbol-sala. Como somos nenos e nenas, todos os partidos son mixtos.
Temos que traer equipación do cole e chandal.
Invitamos as familias que queiran a disfrutar da xornada.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O vindeiro venres día 20 de Febreiro en horario de 10:00h a 13.00h, terá lugar no pavillón Vello de Tui a Proba escolar de Atletismo en Pista, na que o noso centro participará con outros centros da nosa zona.
Aquí podedes ver as probas que levaremos a cabo
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O pasado Venres día 11 de Decembro de 2014, o alumnado do 3º Ciclo do Ceip Nº2 de Tui visitamos o Estadio de Balaídos.
Tivemos oportunidade de estar na Sala de Prensa, no Museo do Estadio, no vestiario dos Xogadores, no Terreo de Xogo, nos Banquitos e nas gradas.
Descubrimos cousas moi curiosas e interesantes, como que:
- Celestino foi a mascota e o xogador número 12 do equipo durante moitas tempadas, e grazas a él o Celta gañou moitos partidos.
- Antes de existir o equipo do Celta, en Vigo había varios equipos de fútbol, na cidade, que decidiron xuntarse dando lugar a este grande equipo.
- Nos seus comezos o equipo viaxaba nun autobús descapotable que lle regalara un grupo de emigrantes Galegos en Cuba. Pero como aquí chove moito, mollábanse moitas veces.
Aquí vos deixamos unhas fotos interesentas para que vexades o ben que o pasamos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O martes 12 de Setembro, os/as nenos/as de primaria do Ceip Nº2 de Tui, tivemos a visita de Oscar, Marta e Miguel. Tres grandes xogadores e adestradores do Clube Balonmán Tui, que nos convidaron a participar na actividade de Balonmán. Esta actividade é gratuita e lévase a cabo no Pavillón Novo de Tui, en colaboración co Ceip Nº2 de Tui, a Federación Galega de Balonmán e a Deputación Provincial de Pontevedra.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Federación Galega de Montañismo.
Mércores 24 de Setembro de 2014
O pasado mércores día 24 de Setembro tivo lugar unha Xornada de Promoción de Escalada, na que disfrutamos das actividades no medio natural da man de Xosé Manuel Pérez Prego. Contounos moitas cousas das actividades de montaña e tamén nos truxo moito material deportivo que estivemos probando.
Aquí vos deixamos unhas fotos de esta xornada e un documento que vos a animar a practicar estas actividades.
Refuxo de Montaña
Aquí vos deixamos algúns refuxios de Montaña que podedes visitar coas vosas familias.
|
|
|
|
|
|