Campo a través e Atletismo
|
|
|
|
Campo a Través. Uns Campeóns.
O pasado martes día 12 de novembro, o alumnado que quedou clasificado de 1º ao 10º posto, na proba de Campo a Través levado a cabo, no CPI Suarez Márquier do Rosal os días 29 e 30 de outubro, recibiron as súas medallas. Un bo número de corredores do noso centro estiveron nestes postos. Noraboa a todos e todas os gañador@s destas medaias, pero a nosa noraboa a tod@s @s participantes.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Campo a Través Escolar Zonal 24-25.
Campo a Través escolar. CPI Suárez Marquier do Rosal.
O pasado martes 29 de outubro e mércores 30 de outubro de 2024, tivo lugar a proba de Campo a Través no Rosal, para o alumnado de 2° a 6°. Compartimos proba con moitos colexios de Tui, Tomiño, O Rosal e Gondomar. Unha estupenda xornada deportiva na que o Sevizo de Deportes de Pontevedra, O Concello do Rosal e Agrudebam colaboraron para facer que o pasáramos xenial.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Horario de Campo a Través Escolar Zonal 24-25.
CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal
Martes 29 de Outubro de 2024.
A proba de Campo a Través, en horario escolar de mañá, terá lugar o vindeiro martes día 29 de outubro de 2024. Levarase a cabo no patio do CPI Manuel Suárez Maquier do do Rosal. Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 2º, 3º,4º e 5º de Educación Primaria, que competirán por equipo clase e asistirán á proba cos seus titores e profesorado de apoio á mesma.
Tod@s @s alumn@s deberán levar merenda, a equipación do colexio e o chándal do mesmo se o tiveran. Tamén teñen que levar roupa, calcetíns e tenis de reposto. @s nenos e nenas asistirán a escola como calquera día normal de clase e sairán e volverán ao colexio para levar a cabo a proba. Non varía o horario habitual e o desprazamento será en autobús gratuíto.
O alumnado de 2ºsairá do colexio ás 9:25h e volta ao mesmo arredor das 11:20 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 10:30h o equipo feminino e ás 10:45h o equipo masculino.
O alumnado de 3º sairá do colexio ás 9:25h e volta ao mesmo arredor das 11:30 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 11:00h o equipo feminino e ás 11:15h o equipo masculino.
O alumnado de 4º sairá do colexio ás 10:20h e volta ao mesmo arredor das 12:00 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 11:30h o equipo feminino e ás 11:50h o equipo masculino.
O alumnado de 5º sairá do colexio ás 10:20h e volta ao mesmo arredor das 13:00 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 12:10h o equipo feminino e ás 12:30h o equipo masculino.
Mércores 30 de Outubro de 2024.
O alumnado de 6ºsairá do colexio ás 9:25h e volta ao mesmo arredor das 11:20 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 10:30h o equipo feminino e ás 10:45h o equipo masculino.
Todas as familias poderán asistir á proba para ver aos seus fill@s na xornada, desprazándose polos seus propios medios.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DEPORTE ESCOLAR.
Xornada de Atletismo en pista
A Macoca ( Pazos de Reis)
Curso 23-24
Venres 24 de maio de 2024
O pasado venres, día 24 de maio de 2024 teivo lugar nas instalación da A Macoca a xornada de Atletismo en pista para o alumnado de 5º de Educación Primaria.
Unha xornada na que participamos en lanzamento de vortex, lanzamento de peso, salto de lonxitude, carreira de 60m, carreira de 500m e proba de relevos.
Grazas a Agrudebam pola organización.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Carreira Popular de San Telmo 24
Sábado 6 de Abril 2024 ( Tui ).
O pasado sábado de San Telmo, día 6 de Abril de 2024, a partires das 11:00h, tivo lugar a Carreira Popular de San Telmo 2023. Dita xornada estivo destinada os/as nenos/as e adult@s que se animaron participar. A proba estivo organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui.
Aquí vos deixamos as fotos da xornada. A nosa noraboa a tod@s @s participantes, familias e sobretodo á fantástica organización.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aloia Kids Trail 24.
Sábado, 10 de febreiro de 2024 ás 16:30h.
O pasado sábado, 10 de febreiro de 2024, as 16:30h, tivo lugar a Aloia Kids Trail, unha proba de correr, gozando do entorno do Parque Natural do Monte Aloia en Tui, nas instalacións deportivas da Amacoca. As Categorías foron: BABY POWER: de 5 a 8 años / BABY ROCKET: de 9 a 11 anos/ BABY WARRIORS: de 12 a 14 anos. Alí estiveron 80 corredores do noso colexio e as súas familias. Gozaron da natureza, fixeron deporte e pasárono xenial.
Seguimos dando resposta ao proxecto Diver-xente: ODS 3 Saúde e Benestar, ODS 4 Educación de Calidade e ODS 5 Igualdade de Xénero.
Grazas aos organizadores do Trail do Aloia, ao Atletismo Tui, ao Concello de Tui, que este sábado 10 de febreiro, nos fixeron disfrutar desta proba en Tui.
Máis información no Instagram Ceipn2detui: Deporte no 2
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Campo a Través Provincial Escolar 23-24.
Azucareira de Portas
Mércores 1 febreiro 2024
O pasado, xoves día 1 febreiro de 2023, en horario de mañá, tivo lugar o Campionato Escolar Provincial de Campo a Través Provincial da presente Campaña Deportiva, nas Instalacións da Azucareira de Portas. Nesta xornada participou o alumnado de 3ºB,4ºB e 6ºA do noso colexio que se clasificaron na proba que tivo lugar en Soutelo en Salceda de Caselas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Campionato Galego de Campo a Través
Ribadavia
13-01-24
O pasado sábado día 13 de xaneiro de 2024, tivo lugar o Campeonato Galego de Campo a Través, nas instalacións deportivas de Ribadavia (Ourense). Alí estivo representada Agrudebam con numerosos deportistas que dende o Baixo Miño clasificáronse para esta proba. Entre eles Mateo Patiño Alonso alumno do CEIP N°2 de Tui, que participou na categoría alevín masculino e proclamouse 8° clasificado. Todo un éxito para este atleta, que sendo escolar competiu cos mellores corredores de todos os clubs de Galicia. A nosa noraboa a Mateo Patiño, todo un campión!! Noraboa tamén a todos os atletas participantes nesta proba.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Campeonato Provincial de Campo a Través en Zamáns Vigo.
16/12/23
Hoxe sábado 16 de decembro de 2023, tivo lugar o campionato provincial de campo a través, no que participaron varios alumnos do CEIP N°2 de Tui, nas categorías alevín e benxamín masculina e feminina. Gran traballo dos nosos atletas, dos demais participantes e da organización. Noraboa.
As nosas felicitacións para os participantes clasificados para o campeonato Galego de Campo a Través que terá lugar en xaneiro de 2024 en Ribadavia Ourense e onde o noso cole terá representación.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Campo a Través Escolar Zonal 23-24.
Área Recreativa Borralliño Soutelo Salceda de Caselas
Xoves 23 e venres 24 de novembro 2023.
O pasado xoves 23 e o venres 24 tivo lugar a proba de Campo a Través escolar, no área recreativa do Borralliño en Salceda de Caselas. Nesta proba participaron o alumnado de 2º a 6º. Unha xornada que compartimos co alumnado de outros colexios de Salceda, Tui, Tomiño e o Rosal. 2000 participantes que a Agrupación Deportiva Baixo Miño conseguiu reunir nesta fantástica proba, contando coa participación da Secretaría Xeral para o deporte, o Concello de Salceda, a Asociación Cultural de Soutelo, a Comunidade de Montes de Soutelo, os centros educativos e as familias. Grazas a tod@s.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aprázase a xornada de Campo a Través
Escolar Zonal 23-24.
Área Recreativa Borralliño Soutelo Salceda de Caselas
Xoves 16 e venres 17 novembro 2023.
A xornada de Campo a Través, en horario escolar de mañá, que ía ter lugar os vindeiros días: xoves 16 e venres 17 de novembro de 2023, no área recreativa do Borraliño en Soutelo en Salceda de Caselas, destinada os/as nenos/as de 2º,3º, 4º 5º e 6º de Educación Primaria, queda aprazada para os xoves 23 e venres 24 de novembro respectivamente, por mor da choiva. Sentimos as molestias que isto poida cansar, para calquera dúbida poden chamar ao centro educativo. Moitas grazas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aprázase a xornada de Campo a Través
Escolar Zonal 23-24.
Área Recreativa Borralliño Soutelo Salceda de Caselas
Xoves 9 e venres 10 novembro 2023.
A xornada de Campo a Través, en horario escolar de mañá, que ía ter lugar os vindeiros días: xoves 9 e venres 10 de novembro de 2023, no área recreativa do Borraliño en Soutelo en Salceda de Caselas, destinada os/as nenos/as de 2º,3º, 4º 5º e 6º de Educación Primaria, queda aprazada para os xoves 16 e venres 17 de novembro respectivamente, por mor da choiva. Sentimos as molestias que isto poida cansar, para calquera dúbida poden chamar ao centro educativo. Moitas grazas.
Etiquetas:
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aprázase a xornada de Campo a Través
Escolar Zonal 23-24.
Área Recreativa Borralliño Soutelo Salceda de Caselas
Xoves 26 e venres 27 outubro 2023.
A xornada de Campo a Través, en horario escolar de mañá, que ia ter lugar os vindeiros días: xoves 26 de e venres 27 de outubro de 2023, no área recreativa do Borraliño en Soutelo en Salceda de Caselas, destinada os/as nenos/as de 2º,3º, 4º 5º e 6º de Educación Primaria, queda aprazada para os xoves 9 e venres 10 de novembro respectivamente, por mor da choiva. Sentimos as molestias que isto poida cansar, para calquera dúbida poden chamar ao centro educativo. Moitas grazas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CAMPO A TRAVÉS
HORARIO LECTIVO.
Os vindeiros 26 e 27 de outubro comezaremos as actividades deportivas de Agrudebam. Dentro do proxecto deportivo de centro, unha proba no medio natural que da resposta ao ods 3 Saúde e Benestar. A primeira proba será a proba de campo a través en horario lectivo, onde o máis importante será a participación. Os cursos que participarán serán 2º,3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria. A proba terá lugar nas instalacións deportivas do Borraliño en Soutelo, Salceda de Caselas entre as 10:30h e as 13:00h. Se premedes enriba da foto podedes acceder a información que Agrudebam ten publicada na súa web:das carreiras, distancias, lugar, etc...
Preme aquí para descargar a folla de inscripción de 2º a 5º.
E se o que necesitas e descargar a folla de inscripción de 6º preme aquí.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DEPORTE ESCOLAR.
Xornada de Atletismo en pista
A Macoca ( Pazos de Reis)
Curso 22-23
Venres 19 de maio de 2023
O pasado venres, día 19 de maio de 2019 teivo lugar nas instalación da A Macoca a xornada de Atletismo en pista para o alumnado de 5ºA e 5ºB.
Unha xornada na que participamos en lanzamento de vortex, lanzamento de peso, salto de lonxitude, carreira de 60m, carreira de 500m e proba de relevos.
Atoparedes información sobre os resultados e máis fotos se pinchades aquí.
|
|
|
|
|
|