Campo a través e Atletismo

Campo a Través

▷ Correr: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!CAMPIONATO PROVINCIAL ▷ Correr: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS! DE CAMPO A TRAVÉS.

Parque de Castrelos ( Vigo)

12/02/23

 O pasado, domingo 12 de febreiro de 2023, levouse a cabo o Campionato Provincial de Campo a Través da presente campaña escolar de Campo a Través, no circuíto do Parque de Castrelos en Vigo. Un espazo natural dentro de Vigo, cunha riqueza vexetal e paisaxística incrible.

O CEIP Nº2 participou na proba co equipo Alevín Feminino ( alumnas de 4º e 5º), co equipo Alevín Masculino ( alumnos de 4º e 5º), co equipo Benxamín Feminino ( alumnas de 2º e 3º) e co equipo Benxamín Masculino ( alumnos de 2º e 3º). 

 

Moitísimas grazas a todas as familias que hoxe estiveron en Castrelos, pola súa axuda e polo seu apoio a estes grandes atletas. Noraboa a todos os participantes, especialmente aos do CEIP Nº2 de Tui e Agrudebam que representaron ao Baixo Miño, nunha proba onde estaban os mellores corredores de toda a provincia de Pontevedra.

Campo a Través

Trail do AloiaAloia Kids Trail 23.

Sábado, 11 de febreiro de 2023 ás 16:30h.

 

O pasado sábado, 11 de febreiro de 2022, as 16:30h, tivo lugar a Aloia Kids Trail, unha proba de correr, gozando do entorno do Parque Natural do Monte Aloia en Tui, nas instalacións deportivas da Amacoca. As Categorías foron: BABY POWER: de 5 a 8 años / BABY ROCKET: de 9 a 11 anos/ BABY WARRIORS: de 12 a 14 anos. Alí estiveron 80 corredores do noso colexio coa profe Lore e as súas familias. Gozaron da natureza, fixeron deporte e pasárono xenial. 

Deporte no 2 apoiando sempre iniciativas locais na natureza, de hábitos de vida saudables e felices. Noraboa a tod@s participantes e moitas grazas a todas as familias.

Campo a Través

▷ Correr: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!CAMPIONATO PROVINCIAL ▷ Correr: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS! DE CAMPO A TRAVÉS.

Parque de Castrelos ( Vigo)

12/02/23

 O vindeiro, domingo 12 de febreiro de 2023, levarase a cabo o Campionato Provincial de Campo a Través da presente campaña escolar de Campo a Través, no circuíto do Parque de Castrelos en Vigo.

A competición para o alumnado do CEIP Nº2 empezará ás 11:10h coa proba Alevín Feminino ( alumnas de 4º e 5º), ás 11:25h a proba Alevín Masculino ( alumnos de 4º e 5º), ás 11:40h a proba Benxamín Feminino ( alumnas de 2º e 3º) e ás 11:55h a proba Benxamín Masculino ( alumnos de 2º e 3º).

Aquí vos deixamos o circuíto, as horas e distancias.

 O autobús pasará polas paradas de Rotonda Areas, Rotonda Bornetas ás 9:15h e sairá do colexio ás 9:25h e a volta será ás 13:30h aproximadamente. Se algún participante vai coa súa familia, directamente ao circuíto terá que estar alí media hora antes da súa proba.

         Tódolos nenos/as teñen que traer chándal (o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

         ¡¡¡IMPORTANTE!!! A roupa do colexio será devolta antes do mércores día 15 de Febreiro.

         Poden atopar máis información da proba na web do cole: en Deporte no2

Para calquera dúbida podedes contactar con nós no Teléfono: 650602161

Campo a Través

▷ Correr: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!Campo a Través Provincial Escolar 22-23.▷ Correr: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

Azucareira  de Portas

Mércores 1 febreiro 2023

         O pasado, mércores día 1 febreiro de 2023, en horario de mañá, tivo lugar o Campionato Escolar Provincial de Campo a Través Provincial da presente Campaña Deportiva,  nas Instalacións da Azucareira de Portas. Nesta xornada participou o alumnado de 5ºA do noso colexio que se clasificaron na proba que tivo lugar en Caldelas de Tui.Noraboa equipo! Gran traballo. Grazas ao papá de Martina que se desprazou ata Portas, para animar a este gran equipo.

Campo a Través

Campo a Través Zonal 22-23.Gifs de Atletismo

Área Recreativa Ribeira de Caldelas ( Tui)

12 novembro 2022

O pasado sábado día 12 de novembro de 2022, en horario de mañá, tivo lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións do área Recreativa da Ribeira de Caldelas (Tui). O noso alumnado participante gozou dunha gran xornada, acadando grandes resultados, que lles dan o pase para participar no Campionato Provincial de Campo a Través. Noraboa!.

Na categoría Benxamín Feminina o equipo clasificouse no 2º posto. Sendo María de 2ºA a 3ª clasificada individual da categoría.

 

Na categoría Benxamín Masculina o equipo clasificouse no 1º posto. Sendo Raúl de 3ºA a 2º clasificado individual da categoría.

Na categoría Alevín Feminina o equipo clasificouse no 2º posto. Sendo Elena de 4ºC a 3ª clasificada individual da categoría.

Na categoría Alevín Masculina o equipo clasificouse no 2º posto. 

Noraboa a tod@s! atoparedes máis información cos resultados, fotos e videos da proba en agrudebam, premede sobre o logo de agrudebam.

AgruDeBaM | Tomiño | Facebook

Campo a Través

Campo a Través Zonal 22-23.Gifs de Atletismo

Área Recreativa Ribeira de Caldelas ( Tui)

12 novembro 2022

O Vindeiro Sábado día 12 de novembro de 2022, en horario de mañá, vai ter lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións do área Recreativa da Ribeira de Caldelas (Tui). 

 

Pincha aquí para descargar a autorización da proba.

Campo a Través

Top PE Website- Pete Charrette (Cap'n Pete): Hall of Fame RecordsCAMPO A TRAVÉSImagenes Animadas de Atletismo

 

HORARIO LECTIVO.

 

Hoxe, 4 de novembro de 2022 tivo lugar a primeira das actividades deportivas de Agrudebam. A proba de campo a través en horario lectivo, para o alumnado de 4º e 5º na Ribeira de Caldelas entre as 10:00h e as 12:30h.

Xa temos dispoñibles os resultados en Agrudebam, clicade sobre o logo para  acceder, dende logo fixéstelo xenial.

AgruDeBaM | Tomiño | Facebook

Campo a Través

▷ Niños y Niñas: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!CAMPO A TRAVÉS

 

HORARIO LECTIVO.

 

Hoxe 3 de novembro de 2022 tivo lugar a primeira das actividades deportivas de Agrudebam. A proba de campo a través en horario lectivo, para o alumnado de 2º e 3º na Ribeira de Caldelas entre as 10:00h e as 12:30h.

Alí estiveron os nosos atletas que o fixeron moi, moi ben. Aquí vos deixamos algunhas imaxes da xornada.

Noraboa a tódolos participantes.Grazas as familias que ata alí se achegaron para animar. 

Campo a Través

Cambio no Horario  de Campo a Través Escolar Zonal 22-23.

Zona recreativa Ribeira de Caldelas.

Xoves  3  novembro 2022.

            A proba de Campo a Través, en horario escolar de mañá, que ía ter lugar o vindeiro xoves día 27 de outubro vai ser aprazada para o vindeiro xoves día 3 de novembro de 2022, debido as condicións metereolóxicas adversas. A proba levarase a cabo na zona recreativa da Ribeira de Caldelas.  Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 2º e 3º de Educación Primaria, que competirán por equipo clase  e asistirán á proba cos seus titores e profesorado de apoio á mesma.

Tod@s @s alumn@s deberán levar merenda, a equipación do colexio e o chándal do mesmo se o tiveran. Tamén teñen que levar roupa, calcetíns e tenis de reposto. @s nenos e nenas asistirán a escola como calquera día normal de clase e sairán e volverán  ao colexio para levar a cabo a proba. Non varía o horario habitual e o desprazamento será en autobús gratuíto.

O alumnado de 2º sairá do colexio ás 9:30h e volta ao mesmo arredor das 11:20 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente entre ás 10:00h e 11:00h.

O alumnado de 3º sairá do colexio ás 10:30h e volta ao mesmo arredor das 12:50 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 11:00h e 12:00h.

Todas as familias poderán asistir á proba para ver aos seus fill@s na xornada, desprazándose polos seus propios medios.

Cambio no Horario  de Campo a Través Escolar Zonal 22-23.

Zona recreativa Ribeira de Caldelas.

Venres 4 novembro 2022.

            A proba de Campo a Través, en horario escolar de mañá, que ía ter lugar o vindeiro venres 28 de outubro, vai ser aprazada para o vindeiro venres día 4 de novembro de 2022, debido as condicións metereolóxicas adversas. A proba levarase a cabo na zona recreativa da Ribeira de Caldelas.  Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 4º e 5º de Educación Primaria, que competirán por equipo clase  e asistirán á proba cos seus titores e profesorado de apoio á mesma.

Tod@s @s alumn@s deberán levar merenda, a equipación do colexio e o chándal do mesmo se o tiveran. Tamén teñen que levar roupa, calcetíns e tenis de reposto. @s nenos e nenas asistirán a escola como calquera día normal de clase e sairán e volverán  ao colexio para levar a cabo a proba. Non varía o horario habitual e o desprazamento será en autobús gratuíto.

O alumnado de 4º sairá do colexio ás 9:30h e volta ao mesmo arredor das 11:20 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 10:00h e 11:00h.

O alumnado de 5º sairá do colexio ás 10:30h e volta ao mesmo arredor das 12:50 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 10:00h e 11:00h.

 Todas as familias poderán asistir á proba para ver aos seus fill@s na xornada, desprazándose polos seus propios medios. 

Campo a Través

CAMPO A TRAVÉS

 

 

HORARIO LECTIVO. 

Os vindeiros 27 e 28 de outubro comezaremos as actividades deportivas de Agrudebam. A primeira proba será a proba de campo a través en horario lectivo, onde o máis importante será a participación. Os cursos que participarán serán 2º,3º,4º e 5º de primaria. A proba terá lugar na Ribeira de Caldelas entre as 10:00h e as 13:30h. Se premedes enriba da foto podedes acceder a información que Agrudebam ten publicada na súa web:das carreiras, distancias, lugar, etc...

Deporte en Tui

Carreira Popular de San Telmo 22

Sábado 23 de Abril 2022 ( Tui )

             O pasado sábado de San Telmo, día  23  de Abril de 2022, a partires das 10:30h, tivo lugar a “Carreira  Popular de San Telmo 2022”.  Unha xornada estupenda na que participou un elevado número de alumnado. Noraboa a tódolos participantes.

Deporte en Tui

Carreira Popular de San Telmo 22

Sábado 23 de Abril 2022 ( Tui )

             O vindeiro sábado de San Telmo, día  23  de Abril de 2022, a partires das 10:30h, vai ter lugar a “Carreira  Popular de San Telmo

2022”.  

Dita xornada está destinada os/as nenos/as  e maiores que queiran participar. A proba está organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui, e gustaríanos contar cun gran número de participantes, xa que se realizará na nosa cidade. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta nota asinada antes do vindeiro venres día 8 de abril. Á volta de das vacacións enviaremos os horarios por categorías. A proba para @s nen@s será a partires das 11:30h.    

Categorías: 

Xuvenil / Junior 03/06                11.00h        5000 m. 1 PEQ + 2 GR

Senior entre 1987 e 2002            11.00h        5000 m. 1 PEQ + 2 GR

Veterán A entre 1977 e 1986       11.00h        5000 m. 1 PEQ + 2 GR

Veterán B 1976 ou anterior          11.00h        5000 m. 1 PEQ + 2 GR

Cadete 07/08                               11.45h        2330 m. 1 GR

Infantil 09/10                              11.45h        2330 m. 1 GR

Alevín 11/12                                  12.00h         680 m. 2 PEQ

Benxamín 13/14                            12.15h          340 m. 1 PEQ

Prebenxamín 15/16                       12.30h          170 m. ½ PEQ

 Pitufos 17/18/19                          12.45h          100 m. Recta

Circuito:

Volta grande.

 Volta Pequena.

 

Todos os participantes terán que estar alí 15 minutos antes da súa proba para que lle deamos o dorsal. 

Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón se  a  tiveran senon traerán camiseta branca), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

O Club Atletismo realizará a tradicional OPERACIÓN KILO na que os participantes intercambiarán un kilo de un alimento non perecedeiro polo seu dorsal. Ditos alimentos serán entregados a unha ONG.

Deporte na Escola

Xornada de Atletismo 

A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 21-22

     Venres día 1 de abril de 2022

    O pasado venres,  día  1 de abril de 2022, tivo lugar nas instalación da A Macoca, a xornada de atletismo en pista para o alumnado de 6ºA e 6ºB.

      A súa competición levouse a cabo  a partires das 10:30h nunha xornada soleada, na que practicamos varias probas: 50m, 500m, lanzamento de peso, lanzamento de vortex, salto de lonxitude e proba de relevos. Aquí vos deixamos as fotos da xornada.

   

     Atoparedes información detallada da proba, na web de Agrudebam.

Deporte Escolar

           Xornada de Atletismo 

A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 21-22

     Venres día 1 de abril de 2021

    O vindeiro venres,  día  1 de abril de 2022, terá lugar nas instalación da A Macoca a xornada de atletismo en pista que se levara a cabo de 10:30 a 13:45h aproximadamente. Os cursos participantes serán 6ºA e 6ºB.

      O alumnado de 6º sairá do colexio, en autobús, ás 10:00h e volta ao mesmo arredor das 13:50 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente a partires das 10:30h.

    Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade ( autorizada polas familias ao comezo de este curso 21-22 no Programa Xogade)  terán que traer: Chándal ( o do cole se tiveran), equipaxe deportiva do mesmo, gorra, mochila e merenda.

    Todas as familias poderán asistir á proba para ver aos seus fill@s na xornada, desprazándose polos seus propios medios.

     Atoparedes información detallada da proba, na web de Agrudebam.

Deporte na Escola

      DEPORTE ESCOLAR.

 Xornada de Atletismo 

A Macoca ( Pazos de Reis)

 Curso 21-22

 

 Venres día 18 de Marzo de 2021

    O vindeiro venres,  día  18 de Marzo de 2021, terá lugar nas instalación da A Macoca a xornada de atletismo en pista que se levara a cabo de 10:30 a 13:45h aproximadamente. Os cursos participantes serán 5ºA e 5ºB.

      O alumnado de 5º sairá do colexio, en autobús, ás 10:00h e volta ao mesmo arredor das 13:50 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente a partires das 11:00h.

    Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade ( autorizada polas familias ao comezo de este curso 21-22 no Programa Xogade)  terán que traer: Chándal ( o do cole se tiveran), equipaxe deportiva do mesmo, gorra, mochila e merenda.

    Todas as familias poderán asistir á proba para ver aos seus fill@s na xornada, desprazándose polos seus propios medios.

     Atoparedes información detallada da proba, na web de Agrudebam.

 

 

 

Distribuir contido