O pasado mércores, día 15 de Marzo de 2017 tivo lugar nas instalación da A Macoca a xornada de Atletismo en pista para os alumnos de 5ºA,5ºB e 5ºC. a.
As probas nas que participaron todos os nenos foron:
60 m. Lisos.
500 m. Lisos.
Lanzamento de Vórtex.
Salto de lonxitude.
Lanzamento de peso (2 kg.).
Relevo 4x60 m.
Aquí vos deixamos boa proba do ben que o pasamos, e do moito que disfrutamos facendo atletismo, cos nenos e nenas do Cep Altamira de Salceda, Ceip Caldelas, Ceip Guillarei, Ceip Rebordáns, Ceip Pazos de Reis, Ceip Nº1 de Tui e Colexio Sta María Maristas.
Moitísimas gracias a todos por facer que disfrutásemos dunha mañán estupenda. Aquí vos deixamos os resultados.
O vindeiro Mércores, día 15 de Marzo de 2017 terá lugar nas instalación da A Macoca a xornada de Atletismo en pista que se levara a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente e os cursos participantes serán 5ºA,5ºB e 5ºC.
Os/as nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.
As probas nas que participaran todos os nenos serán:
60 m. Lisos.
500 m. Lisos.
Lanzamento de Vórtex.
Salto de lonxitude.
Lanzamento de peso (2 kg.).
Relevo 4x60 m.
Se algunha familia se quere acercar a disfrutar da proba e compartir a mañá con nós, animámosvos a facelo.
Circuito Loureiro-Camiño da Verdella- San Miguel de Oia( Vigo)
Domingo 12 de Febreiro 17
O Vpasado Domingo día 12 de Febreiro tivo lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente campaña Deportiva, no Circuito de Loureiro- Camiño da Verdella en San Miguel de Oia en Vigo. Do noso colexio participou o equipo Alevín Feminino e Benxamín Masculino. Foi unha mañán fría e con moita choiva, con un circuito moi asequible e moi vistoso. Felicitar aos nosos participantes, que como veredes fixérono moi ben.
O vindeiro Domingo 12 de Febreiro de 2017, levarase a cabo o Campionato Provincial de Campo a Través da presente campaña escolar de Campo a Través.
A competición empezará ás 10:00h coa proba Cadete Feminino, ás 10:05h a proba Cadete Masculino, ás 10:30h a proba Infantil Feminino, ás 10:45h a proba Infantil Masculino, ás 11:00h a proba Alevín Feminino, ás 11:10h a proba Alevín Masculino, ás 11:20h a proba Benxamín Feminino e ás 11:30h a proba Benxamín Masculino.
Para chegar ao circuito tedes que seguir a estrada Nacional N-325, adxuntamos plano para que vexades a localización
Tódolos nenos/as teñen que traer chánda (o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.
¡¡¡IMPORTANTE!!! A roupa do colexio será devolta antes do Mércores día 15 de Febreiro.
Poden atopar máis información da proba na páx web www. agrudebam.es o una Web do cole: en Deporte no2
Para calquera dúbida podedes contactar con nós no Teléfono: 650602161
Circuito Loureiro-Camiño da Verdella- San Miguel de Oia ( Vigo)
Domingo 12 de Febreiro 17
O Vindeiro Domingo día 12 de Febreiro vai ter lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente campaña Deportiva Circuito de Loureiro- Camiño da Verdella en San Miguel de Oia en Vigo. Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 2º a 6º que se clasificaron no Cros zonal de a Guarda. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta notiña asinada antes do vindeiro Venres día 3 de Febreiro. Para os nenos/as de Bornetas e Areas se fose necesario o autobús pasaría polas paradas.
O vindeiro Sábado 26 de Novembro levarase a cabo o CrossZonal da presente campaña escolar de Campo a Través, no Camping Santa Tegra de A Guarda.
A saída para tódolos nenos/as que participan nesta competición será ás 9:00h doC.E.I.P. Nº 2 de Tui, ás 9:10h nas paradas de Rafi e Rotonda e Areas. Prégase puntualidade porque a esta hora sairá o bus sen retraso.
A Chegada será aproximadamente entre as 14:30 h.
A competición dará comezo ás 10:30h para a categoría Benxamín Feminina (2º,3º), ás 10:45h para a categoría Banxamín masculina (2º,3º), ás 11:00h para a categoría Alevín Feminino (4º,5º), ás 11:15h para a categoría Alevín Masculina(4º,5º), ás 11:35h para a categoría Infantil Feminino ( 6º) e ás 11:55h para a categoría Infantil Masculino ( 6º).
Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), e a equipación do colexio ( camiseta e pantalón), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.
¡¡¡IMPORTANTE!!! A roupa do colexio será devolta antes do Mércores día 30 de Novembro.
Podedes atopar máis información da proba na páxina web www. agrudebam.es. ou na sección Deporte no 2 da Web do Ceip Nº2 de Tui.
O Vindeiro Sábado día 26 de Novembro vai ter lugar a proba de Campo a Través Zonal da presente campaña Deportiva no Camping Santa Tegra en Salcidos ( A Guarda). Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 2º a 6º. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta notiña asinada antes do vindeiro Venres día 18 de Novembro. Atoparedes máis información na web: www.agrudebam.es
Aquí vos deixamos a nota de Inscripción por se vos animades a participar.
O pasado, Domingo de San Telmo, día 3 de Abril pola mañá, tivo lugar a Carreira de San Telmo 2016, na Corredeira de Tui. Nesta carreira participaron moitos nen@s do noso colexio, con excelentes resultados e un gran número de participantes.
Aquí vos deixamos algunhas fotos de esta xornada na que como comprobaredes, o pasamos xenial.
O pasado Domingo día 28 de Febreiro, pola mañá, tivo lugar a “XI Carreira Xóvenes Atletas”, no centro de O Porriño, estivo destinada os/as nenos/as nados dende o ano 2001 ata o ano 2013.
Fomos o cole con maior número de participantes, entramos en meta 55 atletas do Ceip Nº2 de Tui. Todos os participantes acadamos unha medalla por participar, e moitos de nós tamén conseguimos trofeo, por entrar nos primeiros postos na meta.
Aquí vos deixamos algunhas fotos, que dan boa conta do ben que o pasamos.
O pasado Venres 19 de Febreiro de 2016, tivo lugar a Xornada de Atletismo en Pista, na A Macoca, para o alumnado de 5º de Primaria do noso cole. Nesta Xornada tamén participaron todos os alumnos de 5º do Cep Altamira de Salceda, do Ceip Caldelas de Tui, do Ceip Guillarei, do Ceip Rebordáns, do Ceip Nº1 de Tui, do Ceip Pazos de Reis e do Colexio Sta Mª Maristas.
Disfrutamos das probas de atletismo de 60m lisos, 500m lisos, Salto de Lonxitude, Lanzamento de Vórtex, Lanzamento de Peso e Carreira de Relevos. Como podedes ver nas fotos, pasámolo xenial.
O pasado Sábado 13 de Febreiro de 2016, levouse a cabo o Campionato Provincial de Campo a Través da presente campaña escolar de Campo a Través, na Praia da Ladeira en Baiona
A competición comezou ás 10:45h coa proba Cadete Feminino, ás 11:00h a proba Cadete Masculino, ás 11:15h a proba Infantil Feminino, ás 11:30h a proba Infantil Masculino, ás 11:45h a proba Alevín Feminino, ás 12:00h a proba Alevín Masculino, ás 12:15h a proba Benxamín Feminino e ás 12:30h a proba Benxamín Masculino.
Do noso colexio participaron Andrea, Eva, Elena e Iago...Os 4 fixeron unha gran carreira, sobre todo porque o terreo da carreira estaba impracticable debido a intensa chouva. A nosa noraboa para os 4.
O Vindeiro Domingo 28 de Febreiro, terá lugar en Porriño a XI Carreira Xovenes Atletas, que organiza o Club Atletismo Porriño, xunto ao Concello de Porriño..
Nesta proba poderán participar todos os nenos e nenas nados entre os anos 2001 e 2013…
A proba terá lugar nas rúas céntricas do Concello de Porriño, as distancias son bastante asequibles, e tódolos participantes recibirán unha medalla ao rematar a proba.
Por todo isto, animamos a tod@s @s nen@as a participar na mesma… Adxuntamosvos máis información aquí.