Novas Deporte Escolar
|
|
|
|
A Milla
Febreiro 2024
ODS 6 e 7
Biodiversidade
A Sobreira en Galicia.
Durante o mes de xaneiro de 2024, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario.
Dende o equipo de Voz Natura e Deporte Escolar sumámonos a este desafío, cada clase recibe de agasallo, unha medalla cos ODS traballados durante ese mes.
O obxectivo é sumar moitas millas cada mes, para avanzar no coñecemento dos ODS: Obxectivos de desenvolvemento sostible. Axenda 2030 dentro do proxecto Diver-Xente que este ano o centro está a realizar. Durante o mes de xaneiro coñecemos o ODS 6: Auga Limpa e o ODS 7: Enrxía Asequible e non contaminante.
A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.
Este mes tocou coñecer a sobreira no Baixo Miño. A sobreira atópase polos vales fluviais, no val dos Ríos de Tui e do norte de Portugal. A súa cortiza utílízase para facer corchos pra as botellas de auga e tapóns de todo tipo. Tamén se utiliza na elaboración das colmeas tradicionais ou cortizos. Na actualidade tamén se usa na elaboración de bolsos, carteiras, cinturóns, etc...
Hoxe en día a cortiza é un material moi interesante na construcción para o aillamento das vivendas evitando usar enerxías para quentar ou enfriar as casas. Como podedes comprobar a Sobreira seu aproveitamento identifícase moito co ODS 6 Auga Limpa e saneamento e o ODS 7 Enerxía asequible e non contaminante.
Bit convídalles a seguir facendo millas durante todo o mes de febreiro, onde se fomente a vida sa e saudable, con boa alimentación e descubrindo novos ODS.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Merendas saudables dos meses de decembro e xaneiro.
Rematamos e coomezamos o ano con gañas de seguir con boa alimentación diver-xente, con merendas saudables exquisitas, no mes de xaneiro.
Mes de decembro e xaneiro recomendamos receitas e merendas laranxa, repolo e coliflor.
Moitas laranxas e mandarinas comeu a nosa rapazada nestes meses de frío, moitas delas das laranxeiras das suas hortas familiares.
Aquí vos deixamos moitas receitas feitas en familia por estes grandes cociñeiros/as.
Receitas con laranxa.
Receitas con repolo.
Receitas con coliflor.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Campionato Galego de Campo a Través
Ribadavia
13-01-24
O pasado sábado día 13 de xaneiro de 2024, tivo lugar o Campeonato Galego de Campo a Través, nas instalacións deportivas de Ribadavia (Ourense). Alí estivo representada Agrudebam con numerosos deportistas que dende o Baixo Miño clasificáronse para esta proba. Entre eles Mateo Patiño Alonso alumno do CEIP N°2 de Tui, que participou na categoría alevín masculino e proclamouse 8° clasificado. Todo un éxito para este atleta, que sendo escolar competiu cos mellores corredores de todos os clubs de Galicia. A nosa noraboa a Mateo Patiño, todo un campión!! Noraboa tamén a todos os atletas participantes nesta proba.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Milla
Xaneiro 2024
ODS 3, 4 e 5
Biodiversidade
O Loureiro en Galicia.
Durante o mes de decembro de 2023, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario.
Dende o equipo de Voz Natura e Deporte Escolar sumámonos a este desafío, cada clase recibe de agasallo, unha medalla cos ODS traballados durante ese mes feita coa madeira de loureiro.
O obxectivo é sumar moitas millas cada mes, para avanzar no coñecemento dos ODS: Obxectivos de desenvolvemento sostible. Axenda 2030 dentro do proxecto Diver-Xente que este ano o centro está a realizar. Durante o mes de decembro coñecemos o ODS 3: Saúde e benestar, ODS 4: Educación de Calidade e ODS 5: Igualdade de Xénero.
A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.
Este mes tocou coñecer o loureiro no Baixo Miño. A madeira de loureiro que destas medallas Bit atopouna na senda do Río Furnía en Malvas, unha ruta moi recomendable para facer en familia. Pero os loureiros medran silvestres preto dos regatos en todo o sur da provincia de Pontevedra.
A súa madeira soamente ten aproveitamento ornamental. O uso comercial non é viable, debido a que é unha madeira que laña con facilidade, coma podedes comprobar, nas medallas.
A súa importancia é o seu uso culinario e medicinal: As súas follas úsanse como condimento a nivel gastronómico, sobre todo en Galicia durante o nadal, para cocer todo tipo de mariscos, facer guisos, estofados, sopas, etc... O seu uso medicinal é moi amplo. En infusión as súas follas son un excelente tónico estomacal, estimula o apetito e é dixestivo. O aceite de loureiro é apropiado para sentirse con enerxía, favorece a memoria, a concentración, alivia as dores de articulacións e músculos, axuda a previr aftas e úlceras na boca,resfriados, infeccións, etc...
Hoxe en día as súas follas úsanse en saquiños arómaticos, aceites esenciais, etc..
Como podedes comprobar unha madeira moi ligada aos ODS 3: Saúde e benestar, ODS 4: Educación de Calidade e ODS 5: Igualdade de Xénero.
Bit convídalles a seguir facendo millas durante todo o mes de xaneiro, onde se fomente a vida sa e saudable, con boa alimentación e descubrindo novos ODS.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CLUB DE CIENCIAS
ELABORACIÓN DE ACEITES BIO
E gracias aos coñecementos de César e as nosas investigacións fixemos os nosos propios aceites naturais sen químicos.
Elaboramos aceite de menta, de lavanda, eucalipto, laranxa e loureiro.
Agora tóca esperar unhas semanas para poder probalos e cheiralos.
Estamos moi ilusionados!!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Formación en Primeiros Auxilios para o alumnado.
Diver-xente: ods 3 Saúde e Benestar, ods 4 Educación de calidade, od5 Igualdade de xénero. Formación en Primeiros Auxilios para o alumnado de 3º, 4°,5º e 6°. 18 e 19 de decembro 2023.
Da man da doutora Noelia Gómez Corbillón e María Auxiliadora Oubiña e da Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Tui, o noso alumnado tomou conciencia da importancia dos Primeiros Auxilios como elemento fundamental para a vida. O CEIP N°2 quere poñer en valor a estes profesionais que co seu tempo de hoxe, formaron a 100 alumnos e alumnas en sorporte básico. Grazas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Campeonato Provincial de Campo a Través en Zamáns Vigo.
16/12/23
Hoxe sábado 16 de decembro de 2023, tivo lugar o campionato provincial de campo a través, no que participaron varios alumnos do CEIP N°2 de Tui, nas categorías alevín e benxamín masculina e feminina. Gran traballo dos nosos atletas, dos demais participantes e da organización. Noraboa.
As nosas felicitacións para os participantes clasificados para o campeonato Galego de Campo a Través que terá lugar en xaneiro de 2024 en Ribadavia Ourense e onde o noso cole terá representación.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O equipo de voluntarios do Deporte no 2 na gala do deporte tudense.
5-12-23
O pasado venres dia 1 de decembro tivo lugar no teatro municipal, a Gala do deporte tudense, para recoñecer o traballo e o esforzo dos deportistas tudenses, moitos deles antigos alumnos do colexio. O equipo de voluntarios do Deporte no 2 colaborou na gala, na entrega de agasallos ás autoridades, con moita ilusión .
Moitísimas grazas ao Concello de Tui por contar con nos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Milla
Decembro 2023
ODS 1 e 2
Biodiversidade
O Castiñeiro en Galicia.
Durante o mes de novembro de 2023, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario.
Dende o equipo de Voz Natura e Deporte Escolar sumámonos a este desafío, cada clase recibe de agasallo, unha medalla cos ODS traballados durante ese mes feita coa madeira de castiñeiro.
O obxectivo é sumar moitas millas cada mes, para avanzar no coñecemento dos ODS: Obxectivos de desenvolvemento sostible. Axenda 2030 dentro do proxecto Diver-Xente que este ano o centro está a realizar. Durante o mes de novembro coñecemos o ODS 1: Fin da Pobreza e ODS 2: Fame 0.
A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.
Este mes tocou coñecer o castiñeiro no Baixo Miño. Os castiñeros teñen gran valor madeireiro e alimenticio.
Sabías que a súa madeira é moi valorada na fabricación de mobles, entarimados para o chan, instrumentos musicais, etc...
As castañas son a froita dos castiñeiros, durante a Idade Media debido a escaseza de alimentos coma os cereais, usábanse como fonte principal de carbohidratos, para acompañar a carne, o peixe,etc...
Utilizouse tradicionalmente como fonte de enerxética para a población en xeral, pero perdeu o seu lugar de importancia na dieta cando chegou a pataca das Américas. Os soutos galegos colaboraban, por aquel entón co ODS 1 Fin da pobreza e co ODS 2 Fame 0.
Hoxe en día seguen a comerse no outono, cocidas, asadas, en empanada e a súa fariña é moi valorada na repostería, etc.. Investigade vos.
Bit convídalles a seguir facendo millas durante todo o mes de decembro, onde se fomente a vida sa e saudable, con boa alimentación e descubrindo novos ODS.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Competición escolar de tenis de mesa.
Os mercores día 22 e 29 de novembro, tivo lugar a competición escolar de tenis de mesa para o alumnado de 3°, 4°, 5° e 6° . Xornadas que compartimos co CEP Pedro Caselles de Tomiño, CEIP de Barrantes, CEIP de Sobrada, IES Antón Alonso Ríos de Tomiño e o CEIP Neira Vilas de Peitieiros de Gondomar. Fantásticas xornadas onde o tenis de mesa nos permitiu xogar, arbitrar, aprender e gañar algunha medalla. Grazas a Agrudebam,ao Concello de Tui, Concello de Tomiño e ao Club de Tenis de mesa Monteporreiro de Sobrada.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Eurocidade VI Urban Trail Night. Sábado 25 de Novembro de 2023
Eurocidade Valença- Tui
O pasado sábado día 25 de Novembro de 2023, tivo lugar a proba Eurocidade VI Urban Trail Night, entre Valença e Tui, a partires das 19:30h.
O equipo de Voluntarios de 6º do Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui, en resposta a adenda 2030 e como ven sendo habitual, participamos na proba de apoio como voluntarios, para repartir o avituallamento. Grazas á todo o todo o voluntariado e as súas familias, por facer posibles vivencias coma esta. Así mesmo, agradecer aos organizadores do Urban Trail Night, que contasen coa nosa axuda.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Campo a Través Escolar Zonal 23-24.
Área Recreativa Borralliño Soutelo Salceda de Caselas
Xoves 23 e venres 24 de novembro 2023.
O pasado xoves 23 e o venres 24 tivo lugar a proba de Campo a Través escolar, no área recreativa do Borralliño en Salceda de Caselas. Nesta proba participaron o alumnado de 2º a 6º. Unha xornada que compartimos co alumnado de outros colexios de Salceda, Tui, Tomiño e o Rosal. 2000 participantes que a Agrupación Deportiva Baixo Miño conseguiu reunir nesta fantástica proba, contando coa participación da Secretaría Xeral para o deporte, o Concello de Salceda, a Asociación Cultural de Soutelo, a Comunidade de Montes de Soutelo, os centros educativos e as familias. Grazas a tod@s.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
VI Urban Trail Night Eurocidade.
Sábado 25 de Novembro de 2023
Eurocidade Valença- Tui
O vindeiro sábado día 25 de Novembro de 2023, terá lugar a proba Eurocidade Urban Trail Night, a proba terá lugar entre Valença e Tui, a partires das 19:30h ata ás 21:00h.
Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui, en resposta a adenda 2030 e como ven sendo habitual, imos participar na proba de apoio como voluntarios, invitamos a aqueles alumnos/as de 6º de primaria que queiran axudar e colaborar na mesma, como voluntarios que cubran a seguinte notiña.
Pincha aquí para descargar a nota de Inscripción
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Tenis de Mesa 23-24.
Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 22 e 29 de novembro2023.
A xornada de Tenis de Mesa prevista para o vindeiro mércores día 15 vai ser adiadas para comezar o mércores 22 e rematar o mércores 29 de novembro de 2023, por mor do aprazamento das xornadas de Campo a Través. Sentimos as molestias que isto lles poida ocasionar.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aprázase a xornada de Campo a Través
Escolar Zonal 23-24.
Área Recreativa Borralliño Soutelo Salceda de Caselas
Xoves 16 e venres 17 novembro 2023.
A xornada de Campo a Través, en horario escolar de mañá, que ía ter lugar os vindeiros días: xoves 16 e venres 17 de novembro de 2023, no área recreativa do Borraliño en Soutelo en Salceda de Caselas, destinada os/as nenos/as de 2º,3º, 4º 5º e 6º de Educación Primaria, queda aprazada para os xoves 23 e venres 24 de novembro respectivamente, por mor da choiva. Sentimos as molestias que isto poida cansar, para calquera dúbida poden chamar ao centro educativo. Moitas grazas.
|
|
|
|
|
|