Mikel de 3ºB queda na casa, practicando actividade física co seu irmá Gorka de Ed. Infantil.

Mikel de 3ºB queda na casa,

practicando actividade física co seu irmá Gorka de Ed. Infantil.

Mikel de 3º B  e o seu irmá Gorka da clase de 6º de Ed. Infantil practican cada día actividade física, na súa casa, para seguir sendo fantásticos  deportistas. Viven nun piso, polo que todo parece complicado. Pois estes dous grandes deportistas ademais tamén son moi creativos e con moita imaxinación.

Aquí vos deixamos as súas fotos practicando Bádminton , Balón volea  e incluso Fútbol cun balón de espuma, iso si, con tódalas medidas de precaución e prudencia de  non romper nada. Con toda esta actividade son quen de divertirse  e pasalo ben durante estes días que é tan importante quedar na casa.

Moitas grazas a Mikel a Gorka e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos.