Onte día 14 de abril, Ares de 4ºA, enviounos varios vídeos da actividade física que práctica cada día na súa casa, para seguir sendo un fantásticodeportista.
O certo é que Ares ten un xardín estupendo que lle permite facer adestramentos de fútbol, que é o deporte que máis lle gusta. Tamén nos contaba que facía algún día bádminton.
Aquí vos deixamos os seus de vídeos coa súa actividade física creativa, coa que se divirte e pásao ben durante este días que é tan importante quedar na casa. Moitas grazas a Ares e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos.