Uxía queda na casa,
practicando actividade física .
Uxía de 6ºA, práctica cada día moita actividade física, na súa casa. Onte día 21 de abril, Uxía achegábanos as súas fotos practicando co seu irmá no adestramento de balonmán na casa do Clube Balonmán Tui. Aquí vos deixamos as súas fotos. Animádevos os demais alumn@s de sexto a compartir a vosa actividade física na casa, seguro é moi interesante tamén e gustaríanos vervos ao igual que a Uxía. Dende logo que Uxía a este ritmo vai estar entre as mellores xogadoras do mundo de balonmán.
Moitas grazas a Uxía e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos con nós.