Angel queda na casa,
practicando actividade física.
Onte día 21 de abril, Angel de 5ºB, enviounos un montaxe de fotos da actividade física que práctica cada día na súa casa. O certo é que Angel ten a sorte de contar cun xardín estupendo, que lle permite facer adestramentos de baloncesto, tenis de mesa e incluso pode montar en bicicleta. Todos estes bos momentos compárteos coa súa familia e coa súa irmá Lucía. Tamén nos contaba que todo isto o práctica os días que fai bo tempo.
Aquí vos deixamos as súas fotos coa súa actividade física creativa, coa que se divirte e pásao ben, durante este días que é tan importante quedar na casa. Moitas grazas a Angel e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos.