Actividades no Medio Natural

Ruta do Río Lagartón

Mércores 29 de maio 2024.

 O pasado, mércores día 29 de maio de 2024  tivo lugar a ruta do Río Lagartón, para todo o alumnado de 2º. Tivo lugar en horario de 9:15 a 14:15h. Consistiu nun paseo,  dende o colexio polo Camiño de Santiago, Veiga do Louro, Río Lagartón e volta ao centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos durante a actividade.

Unha fantástica xornada onde todo o alumnado gozou das propostas, da natureza, das árbores, prantas e alimentación saudable, facendo unha boa xestión dos residuos. 

Moitas grazas a Óscar, Pablo, Juncal e Lucía P, grazas a eles todo foi máis doado.