50 Aniversario CEIP Nº2 de Tui

50 Aniversario CEIP Nº2 de Tui

17-06-2024

Encontro de antigos alumnos, mestres e ANPAS da escola.

O pasado luns día 17 de xuño de 2024, tivo lugar na escola un encontro de antigos alumn@s, mestres e membros das distintas ANPAS que viñeron contarlle aos nenos e nenas de hoxe como era a escola de antes. Faláronlle dos deportes que facían, do comedor escolar, das merendas, das asignaturas, dos castigos etc... Unha xornada moi motivadora, emotiva e de reencontros coa que o pasamos moi ben.