2º ciclo

Célula animal Vs Célula vexetal.

A última sesión do club de ciencia consistíu en observar a través do microscopio células vexetais e animais.

 

Xermes e virus, á procura dos microbios.

O pasado mércores no club de ciencias falamos dos virus e das bacterias. Observamos imaxes do aspecto de ambos e fixemos un comecocos onde cada pestana é un consello ou precaución que debemos ter en conta. 

 

 

O segundo experimento que realizamos foi meter nunha bolsa hermética un trozo de pan bimbo manoseado. Despois  cerramos a bolsa sen apenas aire e traerémolo de volta a semana que ven. Que pensades que nos imos a atopar na bolsa? Cáles serán os cambios no pan? 

Amigo cespiño

A actividade da semana pasada no club de ciencia consistiu en encher unha media con terra, abono e sementes de céspede. Co paso do tempo observaremos como nace a herba polos buratos da media. Ó final recolléronse todas e deixámolas no invernadoiro do cole .

 

AUGA MÁXICA

Que pasa cando mesturamos auga, sosa cáustica e glucosa?

No club de ciencia desta semana comprobámolo. Primeiro puxemos un pouco de auga nun vaso. Protexidos con guantes, botámoslle un pouco de sosa cáustica e de glucosa.


 
Despois, engadimos dúas gotiñas de azul de metileno e remexemos.
A glucosa e a sosa cáustica oxídanse cando están en movemento e, ao botarlle o colorante, vemos a auga azul. Sen embargo, cando deixamos de remexer, vólvese branca.

Levamos o club de ciencia á clase

Cada semana levamos á clase as aprendizaxes do Club de ciencia. Entre o alumnado que formamos parte do club, imos explicando aos compañeiros/as as observacións, reflexións, experimentos e conclusións ás que chegamos, nas sesións de cada mércores. Que divertido!

 

We continue singing!

We continue singing during the break on Fridays.

  

 

  

Coidemos a Terra

Nesta sesión construímos o noso micro-planeta. Primeiro recortamos figuras que representan diferentes elementos que hai no mundo (casas, árbores, etc).

 

A continuación, collemos unha botella e introducimos un globo de auga con fabas e colocamos os recortes para simular a Terra e a auga subterránea. Ó pinchar o globo, observamos como o noso “micro-planeta” se destrúe.

O efecto invernadoiro

 

1.     No primeiro experimento da sesión faremos chuvia. Enchemos un bote cun pouco de auga quente, cubrimos cun plástico e poñemos un xeo enriba. O xeo vaise derretendo, quitamos o plástico e observamos a condensación.


 

2.      No seguinte experimento simulamos o efecto invernadoiro. 5 nenos/as cubertos con un plástico e outros/as 5 sen el, corren no sitio. Os nenos/as que levan o plástico enriba almacenan máis calor xa que levan una capa protectora. O mesmo ocorre na Terra; recibe os raios do Sol e almacénaos.

 

3.      No terceiro experimento facemos nubes. Nunha botella botamos alcohol e colorante. Despois introducimos aire coa axuda dun bombín, cando a botella está completamente chea podemos observar como dentro se forma una nube.

Singing and learning

Here we are singing and learning of course every Friday during the break. It's fun!!! 

  

  

 

Quentamento global

¿Qué pasaría se os polos se derretesen?

Realizamos unha investigación e construímos unha hipótese para ver como cambiaría a superficie da Terra se o nivel dos mares e océanos aumenta.


Primeiro recortamos países de papel, colocámoslle unha chincheta por debaixo e metémolos nun barreño con leite.

 

Despois botamos unha gota de colorante azul enriba dos polos.

 

Cun bastonciño impregnado de xabón, tocamos as dúas gotas de colorante.

 

Observamos como o colorante se extende por todo o leite simulando a inundación dos países en caso de que os polos se derretesen.