EMOCIÓNA-T

O NOSO MURO FEITO!

Muro acabado! O debuxo final con todas as cores simboliza ás propias persoas; cheas de emocións que se poden sentir simultaneamente. 

As figuras de cores representadas no muro transmitirannos cada mañá ledicia, positividade e optimismo! Gracias a autora Colorines por este bo traballo. 

  

REMATAMOS O MURO DAS EMOCIÓNS!

Hoxe rematamos o noso "Muro das Emocións". Non hai cores máis importantes ca outras, igual que non hai emocións que sobresaian sobre outras. Pode prevalecer algunha emoción en certos momentos ou circunstancias, eso si.  Non hai formas nin cores máis agradables que outras, senón que todas son igual de válidas. Impresionante o mundo das cores e das formas que mesmo parece que nos falan. De seguro que cada mañá ao percorrer o muro, antes de entrar no cole, sen darnos conta, cargarémonos de enerxía positiva e comezaremos a xornada con máis ánimo e ledicia!  

 

 

COMEZAMOS CO PINTADO DO MURO DAS EMOCIÓNS!

Despois de traballar na clase a temática das cores e das formas en relación á súa importante influencia no estado de ánimo, pasamos ao máis esperado. O inicio do pintado do "Muro das Emocións". Fantástico ver como se trasladan ao muro real do cole, as figuras e as cores sobre as que previamente estivemos reflexionando na aula. LEDICIA: CÍRCULO AMARELO, CALMA CONFIANZA: TRIÁNGULO AZUL; e se as mesturamos sae O VERDE; OPTIMISMO ou TRANQUILIDADE!

 

MURO DAS EMOCIÓNS

Hoxe comezamos no cole cun proxecto moi emocionante. Trátase da realización do "Muro das Emocións" dentro da liña Emociona-T do Contrato Programa CP-Inclúe. Comezamos coñecendo a apaixoada autora Clara Colorines, que nos leva ao mundo das cores, das formas e do noso estado de ánimo. Quedamos abraiados descubrindo a importancia das cores do noso entorno e de canto inflúen en nós e nas nosas emocións. Con este entusiasmo fixemos nós de artistas e levamos a cabo a nosa propia obra de arte chea de cores e formas. O proxecto rematará co pintado do muro exterior dianteiro do colexio con moitas cores e formas, para que cada mañá nos trasmitan enerxía positiva e entremos ao cole con ledicia e entusiasmo.

  

  

 

REMATAMOS EMOCIONADOS

Hoxe foi o último día do Programa Inclúe na liña das EMOCIÓNS. Para rematar elaboramos un precioso abano de sandía, fresquiño coma as nosas emocións, porque con tanta calor fainos moita falta. Estivemos aprendendo cousas sobre as emocións e a temperatura corporal. Sabedes que un grupo de científicos demostrou cun estudo que a LEDICIA e o AMOR soben moito a temperatura corporal? E que a TRISTURA e a DEPRESIÓN son as emocións máis frías? 

Foi EMOCIONANTE!!!

  

CHARLA FAMILIAS: CONFLITOS E CONVIVENCIA, XESTIÓN EMOCIONAL

No día de hoxe tivo lugar, no salón de actos do colexio, a charla para as familias promovida pola ANPA "Conflitos e Convivencia, Xestión Emocional". Estivo ao frente da mesma unha gran experta no tema, a pedagoga e guía internacional Montessori, Mercedes Urbiola. Estivo moi interesante e como todos/as estivemos participando activamente, as dúas horas que durou fixéronsenos cortas. 

  

  

TRANSMITINDO EMOCIÓNS

No obradoiro de EMOCIÓNS estivemos configurando rostros para conseguir diferentes expresións faciais. Os humanos podemos utilizar 3 expresións para indicar medo, 4 para indicar sorpresa e 5 para indicar tristeza e enfado. Coa nosa cara podemos transmitir moitísimas emocións!

    

    

XOGOS TRADICIONAIS!!!

Hoxe XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS!!! Que ben o pasamos. Grazas á Asociacion Sociocultural Enredos.

   

   

   

   

O COMECOCOS DAS EMOCIÓNS

Hoxe no taller de Emociona-T traballamos as emocións co xogo do COMECOCOS. Primeiro observamos e reflexionamos sobre as diferentes emocións que relacionamos con distintas CARAS e con MENSAXES que nos trasmiten. Elaboramos o noso comecocos e a XOGAR!