INCLÚE-T

Liguillas de brilé

Unha actividade que está tendo moito éxito este curso son as liguillas de brilé que se levan a cabo durante o recreo. Competimos no pavillón por equipos e, sobre todo, pasámolo moi ben!

                 

Colocación de elementos naturais no patio

Continuamos dinamizando os patios para a mellora da socialización e inclusión do alumnado. Desta volta, mostrámosvos os troncos colocados en forma de círculo no patio de Infantil. Con eles, non só estamos potenciando o xogo do alumnado con elementos naturais e nun entorno natural, se non que tamén desenvolvemos as habilidades motrices como a coordinación e o equilibrio. 

 

Pintado de xogos no patio

Este curso pintáronse diferentes xogos nos patios de Infantil e 1º ciclo de Primaria. O obxectivo é lograr unha maior inclusión do alumnado no tempo de lecer.

Que divertido xogar todos xuntos!