Club de Ciencia

Club de Ciencia

Chegamos ao remate desta aventura, polo menos para este curso! Disfrutamos, aprendemos, descubrimos... todo isto grazas a ciencia!

E non podiamos despedirnos sen experimentar un pouco.

A semana pasada probamos a deixar un ovo cru en vinagre con colorante a ver que ocorría, aquí está o resultado; casca desaparecida e cunha textura xelatinosa.

 

Como último experimento a electricidade estática, que risas e chispazos saíron de aquí!

         

O vindeiro curso, máis e mellor!

Club de Ciencia

Esta semana estivemos con diferentes retos, que ben o pasamos!

O 1º consistiu en descubrir que ovos estaban cocidos e cales crudos sen cascalos. Os experimentos que fixemos foron:

  • metelos en auga, o que flotara estaba crudo e o cocido iríase ao fondo da xerra. Non logramos identificalos porque ningún flotou.
  • despois pensamos en facelos rodar e logramos descubrir que os crudos rodaban, sen embargo os cocidos case non rodaban nadiña.

                                       

Os seguintes retos soamente os puxemos en marcha, para a seguinte semana ensinámosvos que fixemos.

                                    

Club de Ciencia

Esta semana descubrimos dous aspectos que nos fan ser únicos: as nosas pegadas e o noso ADN. Coñecendo esta información, puxémonos a representar unha cadea ou espiral de ADN, a cal nos saíu moooi rica, pois empregamos osiños de gominola e regalices.

 

               

 

   

Club de Ciencia

Esta semana estivemos traballando un pouquiño as consecuencias do quecemento global. Para isto fixemos un experimento para ver que ocorre cando o xeo dos polos se derrete e como esta subida do nivel do mar afecta aos países dos distintos continentes.

   

                       

Club de Ciencia

 Esta semana estivemos vendo as células.Para descrubrir a diferencia entre a célula animal e a célula vexetal observámolas a través dos microscopios. Como mostra da c. vexetal empregamos unha cebola. Para a animal, sangre, pel (pero non nosa)...

 

    

SEGUIMOS EXPERIMENTANDO

UNHA NOVA SESIÓN DO NOSO CLUB DE CIENCIA. ESTA VEZ ESTIVEMOS TRABALLANDO CON FLUÍDOS NON NEWTONIANOS. E ISO QUE É? POIS SON FLUÍDOS QUE NON TEÑEN UNHA VISCOSIDADE DEFINIDA CONSTANTE, SENÓN QUE ESTA ESTÁ EN FUNCIÓN DA TEMPERATURA OU DA TENSIÓN CORTANTE QUE SE LLE APLICA.  CANDO SE GOLPEA UN FLUÍDO NON NEWTONIANO, A FORZA ENTRANTE FAI QUE OS ÁTOMOS DO MESMO SE REORGANICEN E AUMENTEN A SÚA VISCOSIDADE. MESMO PODE CHEGAR A COMPORTARSE TEMPORALMENTE COMO UN SÓLIDO. QUE INTERESANTE!

  

Club de Ciencia

Hoxe no club estivemos un ratiño empregando as gafas 3D que fixemos.

     

 

Despois estivemos con ilusións ópticas e aínda que a algúns nos costou máis identificar a realidade... estivo realmente ben.

 

 

       

Club de Ciencia

 Esta semana rematamos coa elaboración das nosas gafas 3D. Quedáronnos moi chulas! Fixemos unha pequena proba cun vídeo e funcionan!

 

     

Club de Ciencia

 No día de hoxe comezamos coa elaboración das nosas propias gafas de visión 3D. Non nos dou tempo de rematar, así que na próxima sesión poñerémoslle os "cristais" de cor azul e vermella e comprobaremos se funcionan.

 

                

Club de Ciencia

Hoxe estivemos experimentando cos nosos DISCOS DE NEWTON. Tivemos que facerlle uns pequeniños retoques para que finalmente funcionasen, pero... Conseguímelo!

                

                                   Co movemento, as cores dos nosos discos mezclánse e chegan a simular a cor branca.