Hoxe o alumnado de 3ºA e 3º B de Educación Primaria, asistimos ao auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, a escoitar e ver ao "Grande Beethoven".
Aprendemos moito e pasámolo moi ben.
Hoxe o alumnado de 3ºA e 3º B de Educación Primaria, asistimos ao auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, a escoitar e ver ao "Grande Beethoven".
Aprendemos moito e pasámolo moi ben.
Hoxe o alumnado de 3º A e 3º B, asistimos ao Auditorio de Galicia a escoitar e ver `` O grande Beethoven´´.
Aprendimos moitas cousas do compositor e da orquestra.
Pasámolo moi ben¡.
Hoxe tivo lugar no colexio a xornada de Convivencia co alumnado do CRA que virá para o centro o vindeiro curso. Son un total de 13 nenos/as que viñeron acompañados polas familias para coñecer o colexio. Despois de ser recibidos na biblioteca pola orientadora, a directora e os exalumnos/as do CRA que se incorporaron ao centro neste curso e que aproveitaron para darlle certos consellos e contarlle o ben que o pasaban neste cole, pasaron ao salón de actos onde o alumnado do Club de Teatro de 3º lles representou as súas obras "A Ratiña presumida" e "Mago de Oz". A continuación mostráronselle as instalacións do colexio e incorporáronse nas aulas de 2º cos que serán os seus futuros compañeiros/as. Despois puideron tomar unha merendiña no comedor; chocolate con rosca, zumes, froita... Posteriormente estiveron no recreo con todo o noso alumnado, volta ás aulas e remate da xornada. Unha bolsa de chuches que lle regalamos para que se vaian con bo sabor de boca e recollida por parte das familias. Foi unha mañá especial!
Como cada curso, entre os actos programados para as Letras Galegas, contamos coa visita dun alfareiro de Buño para o alumnado de 6º de Infantil e 4º de Primaria. Quedamos abraiados vendo a axilidade que ten para moldear, dar forma, cortar, pintar... E para rematar nós mesmos podemos facer algo coa boliña de barro que nos deu. Que divertido!
Hoxe tivo lugar no centro a última representación para as familias, dentro do ciclo de teatro do mes de maio deste curso. As obras representadas esta tarde polo alumnado do Club de Teatro de 3º de Primaria foron: "A Ratiña Presumida" e "Mago de Oz". Fixérono xenial. Parabéns alumnado e profe encargada!
A rapazada de 4º de Primaria estivo a investigar o ciclismo, un dos cinco deportes que estivo presente en todas as edicións dos Xogos Olímpicos modernos. E aquí temos a súa reportaxe:
As artes marciais son deporte olímpico dende Sydney 2000, aínda que algunhas como o taekwondo xa tiveran presencia como deporte de exhibición en Seúl 1988 e Barcelona 1992. Os nenos e nenas de 3º de Primaria fálanvos neste video destas prácticas e tradicións centenarias.
Hoxe tivo lugar a 2ª das charlas/obradoiro de educación en Valores para o alumnado de 4º de Primaria a cargo da ONG "Mestura". O obxectivo foi a prevención de actitudes discriminatorias e racistas reducindo os perxuízos e estereotipos derivados da diversidade social. O alumnado estivo manifestando as súas actitudes e as de outras persoas do seu entorno con relación á sociedade actual. Posteriormente analizáronse e reflexionouse sobre elas.
Hoxe o alumnado de 2º e 3º de Primaria asistiu a un espectáculo de maxia promovido polo concello. Foi na alameda de Gois e pasárono xenial.
Cada día no recreo podemos tomar leite, durante o período do curso correspondente, gracias ao FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria). Que ricooo!
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
CEIP de Sigüeiro - Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2016 |