2º ciclo

O Camiño Inglés na escola

Esta semana o alumnado de 2º Ciclo puido aprender un montón de cousas sobre unha das rutas a Santiago de Compostela. Trátase do Camiño Inglés que ademais pasa polo noso concello e pola vila de Sigüeiro, e que nos últimos anos experimentou un gran auxe aumentando enormemente o número de camiñantes que a través del se dirixen a Santiago. Foi por conta da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e co financiamento de Turismo de Galicia para sensibilizar e difundir os valores xacobeos. E nada mellor que aprender xogando, nesta ocasión utilizamos un tableiro cun xogo similar ao tradicional Oca. Que divertido!!!

 

DIVERSIDADE FUNCIONAL

Ao longo desta semana acompañáronnos no centro uns amigos da Empresa Integra, que promove a inclusión sociolaboral de persoas con discapacidade. Durante tres días desenvolveron actividades para o alumnado de 1º e 2º ciclo. O obxectivo sensibilizar sobre a DIVERSIDADE FUNCIONAL.

Os niveis de 1º e 2º traballaron o conto "Por catro esquiniñas de nada". A través del descubriron valores como a amizade, a aceptación, a superación, a autoestima, o respecto ás diferenzas, a diversidade...  e  puideron tomar conciencia das discapacidades.

 

 

O alumnado de 3º e 4º niveis estivo vendo e dinamizando o conto "Cro Cro na escola dos  esqueletes". Puido comprobar como as diferencias son moi enriquecedoras e favorecedoras para nós e a nosa contorna. 

 

 

 

let's sing on Friday!

On Fridays we can sing at the break time!

 

LET'S SING AGAIN!

WE START singing 23-24! 

We are so excited! 

 

REMATAMOS EMOCIONADOS

Hoxe foi o último día do Programa Inclúe na liña das EMOCIÓNS. Para rematar elaboramos un precioso abano de sandía, fresquiño coma as nosas emocións, porque con tanta calor fainos moita falta. Estivemos aprendendo cousas sobre as emocións e a temperatura corporal. Sabedes que un grupo de científicos demostrou cun estudo que a LEDICIA e o AMOR soben moito a temperatura corporal? E que a TRISTURA e a DEPRESIÓN son as emocións máis frías? 

Foi EMOCIONANTE!!!

  

EXCURSIÓN 3º E 4º

Remata o curso e chegan as excursións para celebralo. Esta vez fomos a Pobo Aventura en Teixeiro (Curtis). Pasámolo xenial.

 

 

MATES CON ZAPATOS

Na xornada de hoxe MATES CON ZAPATOS!!! Que está de moda??? O que se leva, a roupa.... Pois a través dos nosos propios zapatos, descubrimos e interpretamos termos estatísticos e probabilísticos; ademais de empregar os diagramas como ferramenta para rexistrar os datos.

MODA, MEDIA e RANGO; témolo claro! Estamos máis que SEGUROS que non esqueceremos a interacción cos zapatos no día de hoxe porque é moi PROBABLE que nos sorprenderan tantas mates nos ZAPATOS!!!

    

    

TEATRO SOLIDARIO PARA AS FAMILIAS E MERCADIÑO DE LIBROS

No mes das nosas Letras, o alumnado do obradoiro de teatro vainos agasallar coa representación das obras que estiveron a preparar durante o curso.  Serán tres martes, con dúas sesións de diferentes grupos por día. O obxectivo, ademais de mostrar ás familias o noso modesto traballo, é solidario. Pedímoslle ás familias que nos traian un alimento para doar ao Banco de Alimentos para a xente necesitada. Ao mesmo tempo dende a Biblioteca promovemos un Mercado Solidario coa mesma finalidade. Quen o desexe poderá levar un libro a cambio dun alimento. 

Comezamos.... PRIMEIRAS SESIÓNS: 3º e 4º. GRAZAS POR VIR VERNOS!

  

  

 

    

    

O Mago VÍCTOR NOIR no cole!!!

Hoxe estivo no colexio, grazas á editorial Edelvives, o mago VÍCTOR NOIR. Da súa man puidemos viaxar a un mundo de fantasía e ilusión. Pasámolo xenial!

  

  

  

CLUB DE TEATRO DE TERCEIRO

Ensaios  do club de teatro de 3º. Recreos distintos e divertidos.