3º ciclo

SESIÓN DE TEATRO!

Hoxe no colexio puidemos asistir a unha sesión de teatro na que nos divertimos un montón. Os actores, máis ben as actrices; eran alumnas de sexto do club de teatro que o fixeron estupendamente. O título da obra era "Medo me da" e en efecto había unha bruxa, unha pantasma, unha momia.... Que meeedo!!! Parabéns polo bo traballo!

 

 

Imos ás Cíes!

O pasado venres mestras e alumnado de 6° visitamos as Illas Cíes. O tempo non nos axudou moito, pero nós como bos galegos puxémoslle cara á chuvia e fixemos un roteiro ata o Faro das Cíes pasando polo Lago dos Nenos, o dique que une a Illa do Medio coa de Monteagudo, sen deixar de ver Pedra da Campá. A pena foi non poder bañarnos na Praia de Rodas. Xa de volta cara Vigo acompañáronnos un grupo de golfiños que nos alegraron a viaxe.

 

 

REGUEIFA TROITEIRA

 

Un ano máis, o alumnado de 6º participou no certame Enregueifate 23-24. Esta é a Regueifa Troiteira que

compuxeron e cantaron moi ben. Para nós xa son ganadores. 

 

 

VISITA Á RESIDENCIA DE PORTO AVIEIRA

Que xornada tan especial a de hoxe! De novo volvemos á Residencia de maiores para compartir a nosa algarabía coas persoas que alí se atopan. Alí  estivemos o alumnado do Club de Teatro de 5º de Primaria acompañados pola profesora Carmen Penedo. 

Estivémoslle representando un cachiño dunha das nosas obras "Unha clase imposible", despois cantamos, tocamos a pandeireta, bailamos... Por último entregámoslle un agasallo a cada un dos residentes, que previamente fixeramos nós mesmos con moito agarimo; era unha pulsera de gomiñas. Tamén nós recibimos unha bolsiña de golosinas que eles mesmos montaran. 

Que grandes son e canto amor nos transmiten. Agradecémoslle enormemente o ben que nos reciben e o trato que nos dan. Volvemos para o cole cargados de ledicia!

 

 

ENTREGA DE PREMIOS CERTAME "ESCRÍBELLE UNHA CARTA A FELIPE II"

Hoxe tivemos unha sorpresa moi agradable no colexio. Visitáronnos 3 persoas da Asociación de Concellos polos que pasa o Camiño Inglés; o seu presidente Manuel Mirás, o secretario Pablo Beade e o periodista vinculado a esta asociación Cristóbal Ramírez. A que viñeron? Pois nada máis e nada menos que a entregar os premios aos tres gañadores do certame "Escríbelle unha carta a Felipe II". É un certame que se celebra para que os nenos lle escriban unha carta a un peregrino histórico do Camiño Inglés e lle describan a experiencia do Camiño ao seu paso por Oroso.

O 1º premio foi para Emma Fernández Ponte, o 2º recaeu en Telmo Arias Fernández e o 3º para Elisa Castro Alves. Parabéns polo excelente traballo!

 

 

 

REMATA O CURSO E CON EL O TRABALLO DAS HORTOPATRULLAS

 

Imos facer un repaso polas tarefas que estiveron facendo as Hortopatrullas ao longo deste curso, para agradecerlles a súa gran implicación

e esforzo. Parabéns pola vosa disposición e responsabilidade.

 

  

    

ETAPA CAMIÑO DE SANTIAGO

No remate do curso, coma todos os anos, o alumnado do 3º ciclo fai unha etapa do Camiño Inglés a Santiago. Nesta ocasión tocou o tramo A Sionlla - Santiago. Estivemos na Praza do Obradoiro e ata puidemos entrar na catedral.Unha experiencia moi enriquecedora! 

  

  

   

Deportes Olímpicos: Skateboard

E para rematar as reportaxes sobre deportes olímpicos, o alumnado de 6º de Primaria achéganos ao skateboarding ou monopatinaxe. Este deporte debutou nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020 celebrados en 2021 e repetirá en París 2024. No video cóntanvos como xurdiu este deporte, que posúe unha linguaxe propia e que hai unha deportista coruñesa que compite a nivel internacional entre outras moitas cousas. Non o perdades!

Deportes Olímpicos: Hockey Herba

O hockey sobre herba é un deporte que forma parte do programa olímpico oficial dende Londres 1908, pero houbo que agardar ata Moscú 1980 para ver unha competición feminina. Este é só un dos datos que nos relatan os alumnos/as de 5º de Primaria no seguinte video.

Luisa Villalta paper circuits

O alumnado de 5° de Primaria, na materia de Arts&Crafts, está a facer figuras 3D de papel de Luisa Villalta, homenaxeada este ano nas Letras Galegas, así como uns sinxelos circuitos con cinta de cobre e luces led.