ENTREGA DE PREMIOS CERTAME "ESCRÍBELLE UNHA CARTA A FELIPE II"

Hoxe tivemos unha sorpresa moi agradable no colexio. Visitáronnos 3 persoas da Asociación de Concellos polos que pasa o Camiño Inglés; o seu presidente Manuel Mirás, o secretario Pablo Beade e o periodista vinculado a esta asociación Cristóbal Ramírez. A que viñeron? Pois nada máis e nada menos que a entregar os premios aos tres gañadores do certame "Escríbelle unha carta a Felipe II". É un certame que se celebra para que os nenos lle escriban unha carta a un peregrino histórico do Camiño Inglés e lle describan a experiencia do Camiño ao seu paso por Oroso.

O 1º premio foi para Emma Fernández Ponte, o 2º recaeu en Telmo Arias Fernández e o 3º para Elisa Castro Alves. Parabéns polo excelente traballo!