HortocolSigu

DE VOLTA NA HORTA!

O primeiro día que fomos ao invernadoiro, sorpresa! había un montón de tomatiños, un cesta chea! Pero as sorpresas non acabaron aí, tamén recollemos as cebolas da horta. Toda unha festa. Xa animados puxémonos a limpar os bancais.

A seguinte semana limpamos as camelias e ao rematar xogamos un pouquiño para celebralo.

Esta semana plantamos leitugas e sementamos nabizas. Gran traballo o destas rapazas e rapaces de 5º A e B.

 

              

    

A NOSA HORTA SOLIDARIA

 

O Concello de Oroso presentou unha campaña solidaria de recollida de produtos de hixiene persoal e limpeza. Por iso, o alumnado de CEIPP de Sigüeiro  quíxose

sumar a dita campaña aportando todo o recaudado no noso horto escolar, Hortocol.

Parabéns para o noso alumnado, que unha vez máis colabora de xeito altruista e solidario coas familias do seu arredor que máis o precisan.

 

   

DA HORTA AO COMEDOR

Este xoves, os nenos e nenas de 6º, fomos a horta para ver como medran as nosas nabizas, aínda temos que esperar un pouco para recoller.

                                                                                                   

 

No invernadoiro si que puidemos recoller tomates e acelgas que levamos para o comedor

         

TRABALLOS NA HORTA EN SETEMBRO

Comezamos o curso e con el o traballo na horta e no invernadoiro. Recollemos tomates e cabazas, regamos, sacamos as lonas para fresar a horta, plantamos castañas e landras e para rematar sementamos nabizas. Deixámosvos aquí algunhas fotos das actividades feitas en setembro.

 

ÚLTIMAS TAREFAS NO INVERNADOIRO.

O NOSO INVERNADOIRO AO COMPLETO: LEITUGAS, ACELGAS, ESPINACAS, CENORIAS, TOMATES, ALLOS E CABAZAS.  TODO GRAZAS AO TRABALLO, ESFORZO E DEDICACIÓN DOS NOSOS NENOS E NENAS.

HOXE ESTIVEMOS REGANDO E SACANDO OS "CHUPÓNS" DAS TOMATEIRAS. AO TERMINAR CORTAMOS ESPINACAS E LEITUGAS.

    

 

Pacto Verde Europeo

O alumnado de 5º de Primaria participou nesta iniciativa da Deputación da Coruña para promover o Pacto Verde Europeo entre a sociedade. 

Primeiro achegámonos á proposta da Comisión Europea mediante un Escape Room. Despois gravamos as nosas impresións sobre o mesmo neste video coa axuda da pantalla de chroma. Esta reportaxe forma parte da exposición Estación Verde da Deputación.

Nós témolo claro, e ti?

 

REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR

E dende 2º de Primaria chéganos outra proposta para conmemorar o Día do Medio Ambiente. Nesta ocasión, seguindo a filosofía dos 3 R: reducir, reutilizar e reciclar. 

Todas as imaxes no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Día do Medio Ambiente

PREPARAMOS A HORTA

Queremos darlle as gracias á familia de Pablo e Aroa Leborán Gende por virnos traballar o terreo da horta . Moitas gracias Oscar Leborán, por axudarnos e facer un traballo estupendo, xa nos tarda volver para ir a plantar.

 

  

Da horta á cociña

Comezamos a recollida dos produtos da nosa horta: cebolas, allos, calabacín... Un grupo de alumnos/as de 5º e 6º de Primaria fixo entrega de todo o recollido ao persoal de cociña do noso colexio. Completamos o ciclo, dende a nosa horta ata a nosa mesa. Que rico e san imos xantar!

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Da horta á cociña