HortocolSigu

A quen lle gustan as nabizas?

Hoxe os nenos e nenas de infantil axudaron aos de sexto a sementar nabizas.

 

Unha volta moi deliciosa!

Hoxe volviamos ao cole despois das vacacións de verán.

Nervios, algúns choros, reencontros cos compañeiros e mestres, moitas novidades...

Pero cando nos achegamos á horta, a nosa cara aledouse, pois vimos con asombro como medraran as plantas que con tanto mimo cultivamos durante o curso.

Dende pementos, tomates, calabacín, cabazas e... ata amorodos! Que delicia! 

  

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Voz Natura (Horta)

Última colleita

Chegamos á fin deste curso e recolectamos todas as verduras, hortalizas e froitas da nosa horta para repartir de balde entre a comunidade educativa. 

  

Vémonos o curso que vén, sementando ilusións e recollendo futuro!

Os primeiros amorodos!!!

Hoxe estamos especialmente ledos porque, ademais de recolectar leitugas, acelgas, espinacas...  xa temos os primeiros amorodos. Xa se sabe que os nenos e nenas non somos moi fans das verduras, aínda que as tomamos porque son moi sans. Pero esta froita encántanos! De momento son pouquiños, pero axiña teremos máis!

Acelgas, leitugas e espinacas

Os martes, os produtos Hortocol saen á venda. Hoxe acelgas, leitugas e espinacas! Aproveitade a ocasión para comer san.

Para que uns piquen e outros non...

O alumnado de 5ºA estivo na horta plantando pementos, un dos produtos estrela da gastronomía galega. A tempada de cultivo do pemento arranca en maio e dura ata finais do verán. E sabedes por que uns pican e outros non? A resposta está na capsaicina, un composto que produce o propio pemento como método de defensa contra insectos e animais. Pero non todos os pementos conteñen esta substancia na mesma proporción. As horas de sol, o tipo de terra e os métodos de rego, entre outros factores, poden determinar o desenvolvemento da planta e, polo tanto, o seu posterior picor.

 

Nun entorno +, vivimos +

O noso centro participa no concurso "Así se coida a natureza" de Voz Natura con este video resume das actividades levadas a cabo durante este curso e que leva por título: "Nun entorno +, vivimos +". Este programa pretende concienciar ao alumnado na importancia de preservar o medioambiente e dende o CEIP de Sigüeiro promovemos o coidado da natureza coa nosa horta ecolóxica, ademais de moitas outras actividades. Botádelle un ollo! E se vos gusta, apoiade a nosa candidatura votando aquí (é preciso ter conta de facebook) ata o 30 de maio. Os 5 videos que reciban máis votos converteranse en finalistas. De entre eles, un xurado escollerá o video gañador. Grazas polo voso apoio!

Brécol

Grazas aos nosos compañeiros/as de 5º de primaria, os máis pequenos do cole poidemos plantar a nosa parcela do horto escolar con BRÉCOL. Aínda que non sexa a nosa verdura preferida, de seguro que cando medre será o brécol máis "rico" do mundo.

 

Grazas maiores por axudarnos a medrar aprendendo!

Leitugas para todos/as

A nosa horta segue medrando.

Hoxe tocoulle plantar aos nenos e nenas de 6ºA, temos leitugas para todos/as.