Para que uns piquen e outros non...

O alumnado de 5ºA estivo na horta plantando pementos, un dos produtos estrela da gastronomía galega. A tempada de cultivo do pemento arranca en maio e dura ata finais do verán. E sabedes por que uns pican e outros non? A resposta está na capsaicina, un composto que produce o propio pemento como método de defensa contra insectos e animais. Pero non todos os pementos conteñen esta substancia na mesma proporción. As horas de sol, o tipo de terra e os métodos de rego, entre outros factores, poden determinar o desenvolvemento da planta e, polo tanto, o seu posterior picor.