ANPA
Actividades extraescolares
Dende a ANPA, un ano mais poñemos en marcha as extraescolares co fin facilitar a conciliación das familias e ofrecer alternativas de lecer, deportivas e culturais para os nenos e nenas. Está previsto que as actividades comecen o 1 DE OUTUBRO e continúen de forma regular ata final de curso.
Consulta as actividades ofertadas e como realizar a inscrición no arquivo adxunto.
Servizo de ludoteca
Igual que o curso pasado, poñemos en marcha un servizo de LUDOTECA que ten como obxectivo fundamental facilitar a conciliación familiar e que estará en funcionamento de luns a venres de 15:45 a 16:45 h (este horario pode ser ampliable ata as 17:45 horas sempre e cando exista demanda suficiente).
A ludoteca comezará a funcionar o día 11 de setembro. Para comezar a usar o servizo no mes de setembro debedes formalizar a inscrición e enviar a ficha que adxuntamos antes do 7 de setembro. Máis información e impreso de solicitude no arquivo adxunto.
CHARLAS PRIMEIROS AUXILIOS
Hoxe tivo lugar a segunda das charlas de primeiros auxilios no colexio, promovida pola ANPA e impartida por Protección Civil do concello de Oroso. Desenvolvéronse varias actuacións e técnicas para a atención urxente a un enfermo ou accidentado ou nunha situación de risco. Resultaron moi interesantes e valiosas. Dende o centro agradecemos á ANPA e a Protección Civil a organización destas charlas.
CHARLA FAMILIAS: CONFLITOS E CONVIVENCIA, XESTIÓN EMOCIONAL
No día de hoxe tivo lugar, no salón de actos do colexio, a charla para as familias promovida pola ANPA "Conflitos e Convivencia, Xestión Emocional". Estivo ao frente da mesma unha gran experta no tema, a pedagoga e guía internacional Montessori, Mercedes Urbiola. Estivo moi interesante e como todos/as estivemos participando activamente, as dúas horas que durou fixéronsenos cortas.
CHEGOU O NADAL!!!
QUE PRONTO SE NOS PASOU O TRIMESTRE! E CO REMATE DO TRIMESTRE CHEGA O NADAL!
E NO COLE NO NADAL... UN MONTÓN DE DIVERTIDAS ACTIVIDADES!
- CONCURSO POSTAL NADAL POR CLASES, A GAÑADORA É ENVIADA A TODAS AS FAMILIAS. ESTE CURSO FOI O GRUPO DE 5 ANOS A. PARABÉNS!
-CONTACONTOS PARA INFANTIL, 1º E 2º, A XANELA DO MAXÍN "O APALPADOR E A NENA SEN MEDO"
-VISITA DE ALUMNADO DE 6º (Club de teatro) Á RESIDENCIA DE PORTO AVIEIRA onde interpretan unha obra de teatro e cantan e bailan unhas panxoliñas. FERMOSO E EMOTIVO!
-DÍA GRANDE, 22 DE DECEMBRO
MELGASAR (ANPA)
CÉ ORQUESTRA PANTASMA "A VOAR"
FESTIVAL DO ALUMNADO con TEATRO, polos grupos de 3º e 6º (Club de teatro), POEMA E REPRESENTACIÓN de "Festa do Bosque" de Xabier Díaz dos grupos de 2º, BAILE "Jingle bells rock" alumnado de Let´s sing a song de 4º, CANTO E BAILE "Cantiga do apalpador" de 6º, CANCIÓN INSTRUMENTAL de alumnado de música de 5º e 6º, TEMAS AO TECLADO de Adrián de 5º, PANXOLIÑA en francés de 6º e CANTO DE NADAL de Mariah Carey por Alicia de 6º (Let´s sing a song).
Actividades extraescolares 2022-2023
Actividades extraescolares para este curso:
- Zumba: luns e mércores.
- Multideporte: martes e xoves.
- Inglés: mércores.
*Todas estas actividades son en horario de 15:45 a 16:45.
Tamén temos a posibilidade de ir a judo e baile tradicional e pandeireta.
Ademáis contamos con ludoteca todos os días entres as 15:45 e as 17:45.
XELIÑA FALA GALEGO
Arrancamos coas actividades para a celebración das Letras Galegas con un contacontos que nos achega a ANPA para 1º, 2º e 3º. Que ben o pasamos con Caxoto que nos ensinou dunha maneira moi divertida moitas cousas sobre Xela Arias. Chamounos a atención cando, de pequena, foi ver o mar por prmeira vez acompañada de súa avoa, que contiño tan bonito.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O século XXI debe ser o século da igualdade da muller. Contribuamos a que o sexa. António Guterres
No noso centro levamos a cabo varias actividades para lembrar e reivindicar a igualdade entre homes e mulleres.
Coma cada curso, a ANPA organizou unha actividade na que participou todo o alumnado que quixo, escribindo o nome das mulleres da súa familia nunha folla, que despois formou parte dalgunha das tan necesarias árbores para a nosa vida, en relación co noso proxecto de centro do actual curso "Os bosques".
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »