Publicada a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2024-2025.
Libros de texto
FONDO LIBROS 24/25
Aberto o prazo ata o 21 de xuño.
O luns 20 de maio, publicouse no DOG a orde do 7 de maio de 2024 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado (código do procedemento ED330B e ED330G). Esta orde contempla dúas modalidades de gratuidade dos libros de texto:
a. Participación no fondo solidario de libros de texto, no noso centro para o alumnado que o vindeiro curso estude 3º e 4º de Educación Primaria (asignaranse os libros por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar). Tamén para o alumnado que vaia cursar 1º de ESO no instituto.
b. Axudas para mercar os libros de texto nos cursos de 1º e 2º (240 € para rendas per cápitas iguais ou inferiores a 6.000 € e 160 € para rendas entre 6.000 e 10.000 €).
Ademais refírese ás axudas para adquirir material escolar para toda a educación primaria, serán 75 € para rendas iguais ou inferiores a 6.000€ e 60 € para as rendas entre 6.000 e 10.000 €.
SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario (anexo I) dispoñible na aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Opcionalmente poderanse presentar presencialmente no colexio (alumnado de 6º no instituto). Cada familia presentará unha única solicitude para todas as modalidades (fondo, axudas e material) e para todos os fillos e deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumno/a.
PRAZOS:
O prazo para presentar as solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2024. As listaxes provisionais poderán consultarse no centro o mércores 26 de xuño, e as listaxes definitivas o luns 1 de xullo.
A entrega de vales e libros será dende o día 2 ata o día 5 de xullo.
DOCUMENTACIÓN:
·Anexo I (solicitude) e Anexo II (comprobación de datos dos membros computables das unidade familiar a 31 de decembro de 2022. No caso de opoñerse a esta consulta deberán entregar outra documentación complementaria)
·Copia do libro de familia ou documento acreditativo do número de membros computables. En caso de separación deberán achegar sentencia xudicial ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia
·Calquera outra documentación acreditativa de situacións concretas: discapacidade, violencia de xénero, acollemento...
CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA: A renda per cápita é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do 2022 entre o número de membros computables. Hai que sumaras rendas de cada un dos membros computables da familia; se presentaron declaración, sumarase o recadro 435 máis o 460, se non se presentou teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
FONDO LIBROS 23/24
Aberto o prazo ata o 21 de xuño.
O venres 19 de maio, publicouse no DOG a orde do 10 de maio de 2023 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado (código do procedemento ED330B). Esta orde contempla dúas modalidades de gratuidade dos libros de texto:
a. Participación no fondo solidario de libros de texto, no noso centro para o alumnado que o vindeiro curso estude 3º e 4º de Educación Primaria (asignaranse os libros por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar). Tamén para o alumnado que vaia cursar 1º de ESO no instituto.
b. Axudas para mercar os libros de texto nos cursos de 1º e 2º (240 € para rendas per cápitas iguais ou inferiores a 6.000 € e 160 € para rendas entre 6.000 e 10.000 €).
Ademais refírese ás axudas para adquirir material escolar para toda a educación primaria, serán 75 € para rendas iguais ou inferiores a 6.000€ e 60 € para as rendas entre 6.000 e 10.000 €.
SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario (anexo I) dispoñible na aplicación informática “fondolibros” ( https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Opcionalmente poderanse presentar presencialmente no colexio (alumnado de 6º no instituto). Cada familia presentará unha única solicitude para todas as modalidades (fondo, axudas e material) e para todos os fillos e deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumno/a.
PRAZOS:
O prazo para presentar as solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2023. As listaxes provisionais poderán consultarse no centro o mércores 28 de xuño, e as listaxes definitivas o luns 3 de xullo.
A entrega de vales e libros dende o día 4 ata o día 7 de xullo.
DOCUMENTACIÓN:
·Anexo I (solicitude) e Anexo II (comprobación de datos dos membros computables das unidade familiar a 31 de decembro de 2021. No caso de opoñerse a esta consulta deberán entregar outra documentación complementaria)
·Copia do libro de familia ou documento acreditativo do número de membros computables. En caso de separación deberán achegar sentencia xudicial ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia
·Calquera outra documentación acreditativa de situacións concretas: discapacidade, violencia de xénero, acollemento...
CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA: A renda per cápita é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do 2021 entre o número de membros computables. Hai que sumaras rendas de cada un dos membros computables da familia; se presentaron declaración, sumarase o recadro 435 máis o 460, se non se presentou teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
FONDO LIBROS 2022-2023
O mércores, 18 de maio, publicouse no DOG a orde do 29 de abril que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado (código do procedemento ED330B). Esta orde contempla dúas modalidades de gratuidade dos libros de texto:
a. Participación no fondo solidario de libros de texto, no noso centro para o alumnado que o vindeiro curso estude 3º e 4º de Educación Primaria (asignaranse os libros por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar). Tamén para o alumnado que vaia cursar 1º de ESO no instituto.
b. Axudas para mercar os libros de texto nos cursos de 1º e 2º (210 € para rendas per cápitas iguais ou inferiores a 6.000 € e 140 € para rendas entre 6.000 e 10.000 €).
Ademais refírese ás axudas para adquirir material escolar para toda a educación primaria, serán 50 € para rendas iguais ou inferiores a 6.000€.
SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario (anexo I) dispoñible na aplicación informática “fondolibros” ( https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Opcionalmente poderanse presentar presencialmente no colexio (alumnado de 6º no instituto). Cada familia presentará unha única solicitude para todas as modalidades (fondo, axudas e material) e para todos os fillos e deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumno/a.
PRAZOS:
O prazo para presentar as solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2022. As listaxes provisionais poderán consultarse no centro o xoves 27 de xuño, e as listaxes definitivas o venres 1 de xullo.
A entrega de vales e libros dende o día 4 ata o día 8 de xullo.
DOCUMENTACIÓN:
·Anexo I (solicitude) e Anexo II (comprobación de datos dos membros computables das unidade familiar a 31 de decembro de 2020. No caso de opoñerse a esta consulta deberán entregar outra documentación complementaria)
·Copia do libro de familia ou documento acreditativo do número de membros computables. En caso de separación deberán achegar sentencia xudicial ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia
·Calquera outra documentación acreditativa de situacións concretas: discapacidade, violencia de xénero, acollemento...
CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA: A renda per cápita é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do 2020 entre o número de membros computables. Hai que sumaras rendas de cada un dos membros computables da familia; se presentaron declaración, sumarase o recadro 435 máis o 460, se non se presentou teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
CATÁLOGO LIBROS DE TEXTO 2021-2022
Publicada a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2021-2022.
*IMPORTANTE ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA: Podedes mercar o libro de LENGUA CASTELLANA que estaba pendente.
FONDO LIBROS 2021-2022
O xoves, 20 de maio publicouse no DOG a orde do 6 de maio que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado (código do procedemento ED330B). Esta orde contempla dúas modalidades de gratuidade dos libros de texto:
a. Participación no fondo solidario de libros de texto, no noso centro para o alumnado que actualmente cursa 2º e 3º de educación primaria (asignaranse os libros por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar). Tamén para o alumnado de 6º de Primaria, que pasa para o instituto.
b. Axudas para mercar os libros de texto nos cursos de 1º e 2º (210€ para rendas per cápitas iguais ou inferiores a 6.000 € e 140 € para rendas entre 6.000 e 10.000 €).
Ademais refírese ás axudas para adquirir material escolar para toda a educación primaria, serán 50 € para rendas iguais ou inferiores a 6.000€.
SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario ( anexo I) dispoñible na aplicación informática “fondolibros” ( https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Opcionalmente poderanse presentar presencialmente no colexio (alumnado de 6º no instituto).Cada familia presentará unha única solicitude para todas as modalidades (fondo, axudas e material) e para todos os fillos e deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumno/a.
PRAZOS:
O prazo para presentar as solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2021. As listaxes provisionais poderán consultarse no centro o mércores 23 de xuño, e as listaxes definitivas o luns 28 de xuño.
A entrega de vales e libros dende o día 1 ata o día 9 de xullo.
DOCUMENTACIÓN:
·Anexo I (solicitude) e Anexo II (comprobación de datos dos membros computables das unidade familiar a 31 de decembro de 2019. No caso de opoñerse a esta consulta deberán entregar outra documentación complementaria)
·Copia do libro de familia ou documento acreditativo do número de membros computables. En caso de separación deberán achegar sentencia xudicial ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia
·Calquera outra documentación acreditativa de situacións concretas: discapacidade, violencia de xénero, acollemento...
CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA: A renda per cápita é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do 2019 entre o número de membros computables. Hai que sumaras rendas de cada un dos membros computables da familia; se presentaron declaración, sumarase o recadro 435 máis o 460, se non se presentou teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Hoxe martes, 19 de maio publicouse no DOG a orde do 12 de maio que regula a participación no fondo solidario de libros de texto (alumnado que vaia cursar 3º e 4º de Primaria) e se convocan axudas para adquirir libros de texto (alumnado que vaia cursar 1º e 2º de Primaria) e material escolar (todo o alumnado de Primaria). Presentación de solicitudes ata o 19 de xuño. Toda a información clicando na circular.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »