Publicada a listaxe definitiva de admitidos no fondo de libros. Clicar na imaxe para ampliar.
O luns, 20 de maio publicouse no DOG a orde do 3 de maio que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado. Presentación de solicitudes ata o 21 de xuño. Toda a información clicando na circular.
O noso centro resultou seleccionado no Proxecto de Educación Dixital "E-Dixgal", a través do cal se utilizarán materiais dixitais como referencia para o desenvolvemento curricular. Por tanto, non se empregarán os libros de texto; pero si os cadernos de actividades (lingua inglesa e música) que se relacionan no cadro.
Segundo o artigo 1 da ORDE do 9 de maio de 2018, o alumnado matriculado en 5º de Primaria (nivel incluído no proxecto) o vindeiro curso, está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar se reúne os requisitos establecidos.
AVISO: O alumnado que o vindeiro curso faga 5º, non debe adquirir os libros por agora, á espera da resolución do Proxecto E-Dixgal.
O luns, 21 de maio publicouse no DOG a orde do 9 de maio que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado. Presentación de solicitudes ata o 22 de xuño. Toda a información clicando na circular.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
CEIP de Sigüeiro - Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2016 |