Novas

FONDO LIBROS 23/24

Aberto o prazo ata o 21 de xuño.

O venres 19 de maio, publicouse no DOG a orde do 10 de maio de 2023 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado (código do procedemento ED330B). Esta orde contempla dúas modalidades de gratuidade dos libros de texto:

a. Participación no fondo solidario de libros de texto, no noso centro para o alumnado que o vindeiro curso estude 3º e 4º de Educación Primaria (asignaranse os libros por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar). Tamén para o alumnado que vaia cursar 1º de ESO no instituto.

b. Axudas para mercar os libros de texto nos cursos de 1º e 2º (240 € para rendas per cápitas iguais ou inferiores a 6.000 € e 160 € para rendas entre 6.000 e 10.000 €).

Ademais refírese áaxudas para adquirir material escolar para toda a educación primaria, serán 75 € para rendas iguais ou inferiores a 6.000€ e 60 € para as rendas entre 6.000 e 10.000 €.

SOLICITUDES:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario (anexo I) dispoñible na aplicación informática “fondolibros” ( https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.gal

Opcionalmente poderanse presentar presencialmente no colexio (alumnado de 6º no instituto). Cada familia presentará unha única solicitude para todas as modalidades (fondo, axudas e material) e para todos os fillos e deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumno/a.

PRAZOS:

O prazo para presentar as solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2023. As listaxes provisionais poderán consultarse no centro o mércores 28 de xuño, e as listaxes definitivas o luns 3 de xullo.

A entrega de vales e libros dende o día 4 ata o día 7 de xullo.

DOCUMENTACIÓN:

·Anexo I (solicitude) e Anexo II (comprobación de datos dos membros computables das unidade familiar a 31 de decembro de 2021. No caso de opoñerse a esta consulta deberán entregar outra documentación complementaria)

·Copia do libro de familia ou documento acreditativo do número de membros computables. En caso de separación deberán achegar sentencia xudicial ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia

·Calquera outra documentación acreditativa de situacións concretas: discapacidade, violencia de xénero, acollemento...

CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA: A  renda per cápita é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do 2021 entre o número de membros computables. Hai que sumaras rendas de cada un dos membros computables da familia; se presentaron declaración, sumarase o recadro 435 máis o 460, se non se presentou teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

INFORMACIÓN ALUMNADO 3 ANOS (4º EDUCACIÓN INFANTIL)

Deixamos aquí información de interese do comezo de curso, sobre o período de adaptación (documentos no anexo) e o mandilón que teñen que mercar.

Reunión comezo de curso:  LUNS 5 DE SETEMBRO (queda pendente concretar a hora).

MANDILÓN:

CADRO GRANDE AMARELO

PUÑO CON GOMAS

BOTÓNS BRANCOS

NOME BORDADO EN MAIÚSCULAS EN AZUL MARIÑO

CINTA PARA COLGAR

                                       ANEXOS                                     

 

FONDO LIBROS 2022-2023

O mércores, 18 de maio, publicouse no DOG a orde do 29 de abril que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado (código do procedemento ED330B). Esta orde contempla dúas modalidades de gratuidade dos libros de texto:

aParticipación no fondo solidario de libros de texto, no noso centro para o alumnado que o vindeiro curso estude 3º e 4º de Educación Primaria (asignaranse os libros por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar)Tamén para alumnado que vaia cursar 1º de ESO no instituto.

b. Axudas para mercar os libros de texto nos cursos de 1º e 2º (210 € para rendas per cápitas iguais ou inferiores a 6.000 € e 140 € para rendas entre 6.000 e 10.000 €).

Ademais refírese áaxudas para adquirir material escolar para toda a educación primaria, serán 50 € para rendas iguais ou inferiores a 6.000€.

SOLICITUDES:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario (anexo I) dispoñible na aplicación informática “fondolibros” ( https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.gal

Opcionalmente poderanse presentar presencialmente no colexio (alumnado de 6º no instituto). Cada familia presentará unha única solicitude para todas as modalidades (fondo, axudas e material) e para todos os fillos e deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumno/a.

PRAZOS:

O prazo para presentar as solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2022. As listaxes provisionais poderán consultarse no centro o xoves 27 de xuño, e as listaxes definitivas o venres 1 de xullo.

A entrega de vales e libros dende o día 4 ata o día 8 de xullo.

DOCUMENTACIÓN:

·Anexo I (solicitude) e Anexo II (comprobación de datos dos membros computables das unidade familiar a 31 de decembro de 2020. No caso de opoñerse a esta consulta deberán entregar outra documentación complementaria)

·Copia do libro de familia ou documento acreditativo do número de membros computables. En caso de separación deberán achegar sentencia xudicial ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia

·Calquera outra documentación acreditativa de situacións concretas: discapacidade, violencia de xénero, acollemento...

CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA: A  renda per cápita é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do 2020 entre o número de membros computables. Hai que sumaras rendas de cada un dos membros computables da familia; se presentaron declaración, sumarase o recadro 435 máis o 460, se non se presentou teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

FAI CLIC AO TEU BOCATA

Este luns o alumnado de infantil contou con unha actividade moi saudable e responsable. A actividade titulada FAI CLIC AO TEU BOCATA, ten como obxectivo facilitar o coñecemento e consumo de produtos en conserva do mar entre as nenas e nenos galegos e de incidir e equilibar as súas dietas alimentarias. 

Nesta actividade explicouse ao alumnado como podemos comer peixer, onde o podemos atopar, como consumilo... E despois dun pequeno xogo, poideron degustar uns bocatas moi saudables ( pan, sardiñas, leituga, tomate e queixo). Clica sobre a imaxe para ollar mais. 

PROXECTO VEXO VEO

Este curso o centro participa no PLAN PROXECTA dentro do programa VEXO VEO XACOBEO. O venres 8 de abril o alumnado de 4 anos e 1º de primaria puideron gozar dun contacontos e un pequeno obradoiro. Aquí algún momento desa sesión.

 

CONTACONTOS KALANDRAKA

Comezamos o mes de Abril con un Contacontos. Hoxe visitounos Paco Nogueiras para contar e cantar uns contiños de KALANDRAKA ( ANIMAIS, ANIMAIS DA GRANXA, OS RATOS DA CASA, ELMER E BECHOS) Clica na imaxe para ollar algunha fotiño:

 

RECICLAXE PILABOT E TERRACYCLE

Comezamos o ano con novas iniciativas, entre elas coidar un pouco mais o noso planeta. Este curso inscribímonos nos programas Pilabot ( reciclaxe de pilas) e Terracycle ( reciclaxe material de escritura).

O prazo para a recollida de pilas remata o día 24 de febreiro. Poden atopar máis información aquí: PILABOT.

En canto o material de escritura podemos recoller todo o ano. O diñeiro que recademos irá a socidadede deportiva feminina A Gaiola de Santiago de Compostela.

                              O  material que se pode reciclar é o seguinte:

 

Contamos coa vosa colaboración! Grazas!

CATÁLOGO LIBROS DE TEXTO 2021-2022

Publicada a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2021-2022. 

*IMPORTANTE ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA: Podedes mercar o libro de LENGUA CASTELLANA que estaba pendente.

  

FONDO LIBROS 2021-2022

O xoves, 20 de maio publicouse no DOG a orde do 6 de maio que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado (código do procedemento ED330B). Esta orde contempla dúas modalidades de gratuidade dos libros de texto:

a. Participación no fondo solidario de libros de texto, no noso centro para o alumnado que actualmente cursa 2º e de educación primaria (asignaranse os libros por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar). Tamén para o alumnado de 6º de Primaria, que pasa para o instituto.

b. Axudas para mercar os libros de texto nos cursos de 1º e 2º (210€ para rendas per cápitas iguais ou inferiores a 6.000 € e 140 € para rendas entre 6.000 e 10.000 €).

Ademais refírese ás axudas para adquirir material escolar para toda a educación primaria, serán 50 € para rendas iguais ou inferiores a 6.000€.

SOLICITUDES:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario ( anexo I) dispoñible na aplicación informática “fondolibros” ( https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.gal

Opcionalmente poderanse presentar presencialmente no colexio (alumnado de 6º no instituto).Cada familia presentará unha única solicitude para todas as modalidades (fondo, axudas e material) e para todos os fillos e deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumno/a.

PRAZOS:

O prazo para presentar as solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2021. As listaxes provisionais poderán consultarse no centro o mércores 23 de xuño, e as listaxes definitivas o luns 28 de xuño.

A entrega de vales e libros dende o día 1 ata o día 9 de xullo.

DOCUMENTACIÓN:

·Anexo I (solicitude) e Anexo II (comprobación de datos dos membros computables das unidade familiar a 31 de decembro de 2019. No caso de opoñerse a esta consulta deberán entregar outra documentación complementaria)

·Copia do libro de familia ou documento acreditativo do número de membros computables. En caso de separación deberán achegar sentencia xudicial ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia

·Calquera outra documentación acreditativa de situacións concretas: discapacidade, violencia de xénero, acollemento...

CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA: A  renda per cápita é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do 2019 entre o número de membros computables. Hai que sumaras rendas de cada un dos membros computables da familia; se presentaron declaración, sumarase o recadro 435 máis o 460, se non se presentou teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.


 

LISTADO DEFINITIVO ALUMNADO CURSO 2021/2022

Todo o alumnado que solicitou admisión no noso centro foi admitido, tanto en educación infantil como en primaria. Dende hoxe poden consultar as listaxes na porta principal do centro.