Mellora da Competencia Lingüística

CLUB DE LECTURA E TEATRO.

Xa estamos de volta co club de lectura e teatro!  Este trimestre para 4º, 5º e 6º.

Na primeira sesión presentamos libros e escollemos nome do club. En teatro aínda non chegou o libro, polo que escollemos

o nome do noso club, revisamos o vestiario e material.

 

PREMIOS "ESCRIBE UNHA CARTA A ..."

No día de hoxe fíxose entrega dos galardóns do concurso que organiza o concello de Oroso "Escribe unha carta a ...", para promocionar o Camiño Inglés. Este ano o personaxe histórico que peregrinou a Compostela en 1473 e 1483 e ao que se lle escribiu a carta, foi o irlandés James Rice. A gañadora do 1º premio do noso colexio foi Iria Beiroa Sánchez e o 2º premio recaeu en Enma Pazos Villa, ámbalas dúas de 6º C. Como en cada edición posteriormente procedeuse a descubrir unha placa en recordo deste ilustre personaxe no Paseo do Peregrino.

PARABÉNS para Iria e Enma polo seu traballo!

  

  

 

VISITA DE BERTA DÁVILA

 

O luns o alumnado de 6º tivo unha visita especial! Cando chegaron ao salón de actos estaba Berta Dávila, autora de "Demetrio Demoscopio perdeu a chispa" esperando para falar con eles do libro, de como e cando comezou a escribir, dos seus libros... O máis importante foi que descubrimos que é a chispa, que é algo diferente para cada un de nós, iso que nos fai emocionar. O encontro rematou coa firma de libros. Esperamos volver a verte pronto cunha nova aventura. 

  

  

CLUB DE TEATRO DE TERCEIRO

Ensaios  do club de teatro de 3º. Recreos distintos e divertidos.

    

CLUB DE LECTURA "INVISIBLE"

 

Primeira e segunda sesión de "Invisible " de Eloy Moreno, un libro co que o tempo pasa voando. Na próxima publicación ensinarémosvos os gardiáns e superheroes que estamos a facer.

 

 

  

UN CONTO CON NÓS

Hoxe o alumnado de 1º e 2º asistimos a unha sesión de Contacontos na que nós fomos os protagonistas. Foi no salón de actos do colexio e pasámolo xenial.

IT'S FRIDAY, SINGING!!!

Today it's Friday! let's sing in Break Time!

 

5º SESIÓN CLUB DE LECTURA

 

O pasado venres tivemos a 5º sesión do club de lectura, coa que rematamos o libro Pan con chocolate de Paula Carballeira. Como estaba bo día, dicidimos saír a ler ao exterior. Aproveitounos moito a lectura e o sol. Recreos saudables e divertidos.

  

 

 

RECITADO POÉTICO MUSICADO DE ROSALÍA

 

Esta semana o luns fixemos un recitado poético musicado de Rosalía no que participaron todos os

grupos dende infantil a primaria. Tamén escribimos poemas nas ventás e o equipo da biblioteca

colocou un expositor con libros de Rosalía.