O 6º nivel de Educación Primaria realizou un proxecto relacionado co cultivo de microalgas con obxectivos tan
importantes como son a obtención de biodiesel, usos terapéuticos...
E chegou o DÍA GRANDE DO NOSO ANTROIDO. Emoción, nervios, risas... Que ben o pasamos! A temática, "Un cambio polo clima", inspirou os nosos disfraces: abellas, mar, horta, cabalos e paxaros. Canta imaxinación e canto colorido. PARABÉNS ÁS FAMILIAS POLO SEU TRABALLO E AGRADECEMENTO POLA COLABORACIÓN NA APORTACIÓN DE PRODUCTOS TÍPICOS DESTA DATA.
Comezamos a mañá co desfile para as familias no colexio.
De seguido saímos polas rúas de Sigüeiro e a atoparnos cos outros colexios do concello que sempre é un pracer, o CEIP do Camiño Inglés e o CRA de Oroso.
Despois veu o desfile dos tres centros na alameda de Gois e para rematar... festa no colexio!
Como podedes ver no noso mural do Entroido "Un cambio polo clima" temos moita biodiversidade: abellas, mar, horta, cabalos e paxaros.
Lembrámosvos que o mandado deste luns é:
O inverno xa chegou
e coma choqueiros ben abrigados
con roupa doutros e mal combinados.
Roupa pola casa buscarás
e toda ela reutilizarás.
Este curso participamos no proxecto Meteoescolas e xa temos instalada a estación metereolóxica, grazas ao traballo do noso conserxe Fran e de Ronald, o meste de PROA.
Agora comezamos o traballo diario de recoller os datos de temperatura e precipitacións, facer gráficas e climogramas. Ver como vai cambiando o tempo dunha estación a
outra... Xa vos iremos contando. De mostra este vídeo.
Este ano volvemos a participar con Terracycle, no reciclado de instrumentos de escritura: rotuladores, bolígrafos, correctores. Os puntos que obteñamos desta reciclaxe donarémolos a unha organización benéfica.
Por isto pedímosvos as familias que en vez de tiralos ao lixo na casa, os mandedes polo vosos fillos para o noso punto de reciclaxe, e así entre todos faremos un mundo mellor. Gracias pola colaboración.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
CEIP de Sigüeiro - Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2016 |