Meteoescolas

REXISTRO DE DATOS

 

Todos os días o alumnado de 6º recolle os datos da estación meteorolóxica e rexistros na web de Meteoescolas.

   

 

METEOCALENDARIO 2023

O alumnado de 4º B estivo recollendo refráns, preguntando as súas familias, para elaborar un calendario moi creativo dos

meses do ano 2023.

COMO SE DI?

MURAL COMO SE DI?

 

DÍA DA METEREOLOXÍA

O 23 de marzo celebrouse o Día Meteorolóxico Mundial , e nós non quixemos deixar pasar esta data sen facer algo

especial, para iso pedimos ás familias que elaborasen xunto cos seus fillos muíños de vento e os trouxesen o 23, ese día

non puidemos colocalos pola chuvia, pero o venres aproveitamos o bo tempo e decoramos con eles todo o centro.

Quedaron ben bonitos! Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración.

    

    

    

VOCABULARIO DO TEMPO EN FRANCÉS

Nos grupos de 6º estamos a traballar o vocabulario do tempo en francés.

MURAL 6º METEOESCOLAS XANEIRO

 O noso taboeiro de Meteoescolas pouco a pouco vaise enchendo, Traballos sobre a neve, noticias,

 táboa de recollida de datos, climograma e refráns.

  

TRABALLO EN EQUIPO DOS PEQUENOS METEOROSOS.

Todos os días, o alumnado de 6º, por quendas, ensina aos nenos e nenas  dos outros niveis  1º,

2º,...observar e recoller os datos da chuvia e temperatura. Despois acompañanos a súa clase para

 

completar o climograma.

 

  

ESTACIÓN METEREOLÓXICA

 

Este curso participamos no proxecto Meteoescolas e xa temos instalada a estación metereolóxica, grazas ao traballo do noso conserxe Fran e de Ronald, o meste de PROA.

  Agora comezamos o traballo diario de recoller os datos de temperatura e precipitacións, facer gráficas e climogramas. Ver como vai cambiando o tempo dunha estación a

  outra...   Xa vos iremos contando. De mostra este vídeo.