O 23 de marzo celebrouse o Día Meteorolóxico Mundial , e nós non quixemos deixar pasar esta data sen facer algo
especial, para iso pedimos ás familias que elaborasen xunto cos seus fillos muíños de vento e os trouxesen o 23, ese día
non puidemos colocalos pola chuvia, pero o venres aproveitamos o bo tempo e decoramos con eles todo o centro.
Quedaron ben bonitos! Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración.