Infantil
Colocación de elementos naturais no patio
Continuamos dinamizando os patios para a mellora da socialización e inclusión do alumnado. Desta volta, mostrámosvos os troncos colocados en forma de círculo no patio de Infantil. Con eles, non só estamos potenciando o xogo do alumnado con elementos naturais e nun entorno natural, se non que tamén desenvolvemos as habilidades motrices como a coordinación e o equilibrio.
Pintado de xogos no patio
Este curso pintáronse diferentes xogos nos patios de Infantil e 1º ciclo de Primaria. O obxectivo é lograr unha maior inclusión do alumnado no tempo de lecer.
Que divertido xogar todos xuntos!
VISITA DO ALFAREIRO
Como cada curso, entre os actos programados para as Letras Galegas, contamos coa visita dun alfareiro de Buño para o alumnado de 6º de Infantil e 4º de Primaria. Quedamos abraiados vendo a axilidade que ten para moldear, dar forma, cortar, pintar... E para rematar nós mesmos podemos facer algo coa boliña de barro que nos deu. Que divertido!
Lectura con familias
O día 23 de abril Migallas Teatro realizou na biblioteca unha función do espectáculo “Cantacontos”, destinado ao alumnado de Educación Infantil.
Migallas Teatro entregou o agasallo de Nica ao mellor lector de Educación Infantil: Xoel Bouzas Fernández de 5ºA.
MIGALLAS CANTACONTOS
O vindeiro martes 23 de abril, a biblioteca do CEIPP de Sigüeiro acolle o espectáculo "Cantacontos" de Migallas Teatro dentro do programa "Lectura con Familias". A actuación será de 17:00 a 18:00 e está destinada ao alumnado de Educación Infantil.
Vide celebrar o Día do Libro cos contos, cancións e música de Migallas!
Deportes Olímpicos: Breaking
Nesta ronda polos deportes olímpicos tócalle o turno a un recén chegado, o breaking. Aínda que xa fixo o seu debut nos Xogos Olímpicos da Xuventude de Bos Aires en 2018, será este ano en París 2024 cando entre a formar parte do programa deportivo olímpico de xeito oficial xunto coa monopatinaxe, o surf e a escalada deportiva.
E en que consiste o breaking? Pois ollade o que nos contan os alumnos/as de 5 anos...
Deportes Olímpicos: Atletismo
Agora imos falar dunha das disciplinas tradicionais dos Xogos Olímpicos que se vén realizando dende a edición inaugural en 1896. Estamos a referirnos ao atletismo, pero sabedes en que consiste? Os nenos e nenas de 4 anos sábeno moi ben e, ademais, coñecen atletas olímpicos e paralímpicos galegos.
Mirade todo o que descubriron sobre este deporte.
Deportes Olímpicos: Natación
Despois de estudar cales foron os países e as sedes que acolleron os Xogos Olímpicos ao longo da historia, agora comezamos o 3º trimestre investigando sobre os deportes que se practican.
Os alumnos e alumnas de 3 anos fálannos da natación, un deporte que estivo presente en todos os Xogos Olímpicos da era moderna. Sen embargo, nas primeiras edicións as competicións realizábanse en entornos naturais como baías e non sería ata Londres 1908 cando as probas se comezaron a disputar en piscinas. Prestade moita atención.