Infantil

Pedro Brandariz "Héroes e Heroas"

O alumnado de Infantil e 2º de Primaria, rematou este segundo trimestre cun conto interpretado polo gran Pedro Brandariz. Con "Héroes e Heroas" aprendemos que nenos e nenas podemos ser igual de valentes ou igual de sensibles. Gracias ao concello de Oroso por achegarnos este conto.

 

É SAUDABLE!

Os nenos/as de Educación Infantil móstrannos a importancia dunha alimentación saudable a través dos seguintes contos: 

 

4º EDUCACIÓN INFANTIL

                                         

5ºA EDUCACIÓN INFANTIL                            5ºB EDUCACIÓN INFANTIL

                                                  

6ºA EDUCACIÓN INFANTIL                               6ºB EDUCACIÓN INFANTIL

 

DE FRONTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe día 25 de novembro é o día internacional contra a violencia de xénero. Este ano participamos como entidade, xunto ao Concello de Oroso, na campaña defronte.

A violencia de xénero só hai unha forma de mirala ...

 

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO - ACHEGAMENTO VIRTUAL

23/02/2021 17:00

Como non é posible visitar o colexio presencialmente, coñécenos un pouquiño a través dos vídeos que se atopan á esquerda, resolve as túas dúbidas chamándonos por teléfono e/ou achégate virtualmentemartes 23 de febreiro ás 17:00. 

Solicita o enlace da reunión chamando ao centro (881866202) ou enviando un correo electrónico (ceip.sigueiro@edu.xunta.gal).

Comezo novo curso escolar 5 anos, 4º, 5º e 6º.

11/09/2020 09:45

O CURSO ESCOLAR 2020/2021 DARÁ COMEZO O DÍA 11 DE SETEMBRO, PARA O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL (5 ANOS) E O ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA. 

Lembra:

-  Horas de entrada:

*Durante o período de adaptación, o alumnado de 5 anos deberá seguir o horario indicado polas titoras tanto para as entradas como para as saídas.

  • 9:30: Alumnado non transportado.
  • 9:40: Alumnado de transporte. Mantense o horario habitual nas paradas.  

-  Horas de saída:

  • 14:30: 4º Primaria.
  • 14:35: 5º Primaria.
  • 14:40: Infantil 5 anos.
  • 14:45: 6º Primaria.

-  Saída do comedor:

  • 15:00: Alumnado de Infantil non transportado.
  • 15:30-15:40: Alumnado transportado. Chegada ás paradas no horario habitual.
  • 15:45: Alumnado de Primaria non transportado.

- Durante o mes de setembro, o alumnado de 5 anos poderá entrar ata a porta acompañado por 1 única persoa. 

- Desprazamentos seguindo as frechas e mantendo a distancia de seguridade.

- Uso obrigatorio de máscara (en Infantil é recomendable).

 

- Compromiso de non enviar ao colexio alumnado con sintomatoloxía compatible coa COVID.

Comezo novo curso escolar 3 e 4 anos, 1º, 2º e 3º

10/09/2020 09:45

O CURSO ESCOLAR 2020/2021 DARÁ COMEZO O DÍA 10 DE SETEMBRO, PARA O ALUMNADO DE 4º E 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 e 4 ANOS) E PARA O ALUMNADO DE 1º,2º E 3º DE PRIMARIA. 

Lembra:

Horas de entrada:

*Durante o período de adaptación, o alumnado de 3 e 4 anos deberá seguir o horario indicado polas titoras tanto para as entradas como para as saídas.

  • 9:30: Alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria non transportado.
  • 9:40: Alumnado de transporte. Mantense o horario habitual nas paradas.  
  • 9:50: Alumnado de Infantil 3 e 4 anos non transportado.

-  Horas de saída:

  • 14:30: Infantil 3 anos e 1º Primaria.
  • 14:35: Infantil 4 anos e 2º Primaria.
  • 14:45: 3º Primaria.

Saída do comedor:

  • 15:00: Alumnado de Infantil non transportado.
  • 15:30-15:40: Alumnado transportado. Chegada ás paradas no horario habitual.
  • 15:45: Alumnado de Primaria non transportado.

- Só 1 persoa poderá acompañar ao alumnado de 3 e 4 anos na entrada (tamén ao de 1º durante o mes de setembro) e na recollida do alumnado á hora de saída.

- Desprazamentos seguindo as frechas e mantendo a distancia de seguridade.

- Uso obrigatorio de máscara (en Infantil é recomendable).

- Compromiso de non enviar ao colexio alumnado con sintomatoloxía compatible coa COVID.

AVISO FAMILIAS ALUMNADO INFANTIL ( 3 ANOS)

Queremos dar a benvida aos novos alumnos e familias de 3 anos, e agradecer a confianza por elexir o noso centro para a educación dos vosos fill@s.

O comezo de curso arrancará o día 10 de setembro, pero antes de empezar, as familias teredes unha reunión informativa o venres día 4 de setembro.

Os alumnos do grupo A terán a reunión ás 10:30 horas, e os alumnos do grupo B será ás 12:30 horas no Salón de Actos.

 

AVISO FAMILIAS ALUMNADO INFANTIL (4 E 5 ANOS)

Ola familias! Benvidos o novo curso.

Seguindo o calendario escolar, instrucións e protocolos, vemonos na obriga de levar a cabo un plan de adaptación  co alumnado de 4 e 5 anos para dar a coñecer e vivenciar as novas rutinas, normas, hábitos de hixiene, distanciamento social, desprazamentos, espazos,...

Levarase a cabo ata o día 16 de setembro, organizándose en 2 quendas de 10 a 12 horas o primeiro grupo, e de 12:15 a 14:15 horas o segundo grupo.

Estes días non se contará con servizo de transporte e comedor para dito alumnado.

Asemesmo, haberá unha reunión o martes día 8 onde se informará de todos os detalles para dar comezo ao novo curso escolar. 

ROBÓTICA EN INFANTIL

O alumnado de infantil de 4 e 5 anos,  durante o segundo trimestre iniciaronse en robótica a través de robot como: Beebot, Bluebot e Doc. A través deles traballaron a lateralidade: dereita, esquerda, adiante, atrás... conceptos espaciais, razoamento lóxico, vocabulario... e moitas cousas mais!

ACTIVIDADES MUSICAIS

SMILE AND LEARN INSTRUMENTOS MUSICALES PARA NIÑOS.

EDUC@CONTIC: XOGOS MUSICAIS DE VOCES, INSTRUMENTOS, TEMPOS, AUDITIVOS,LINGUAXE MUSICAL, AHORCADOS....

KARAOKES ON LINE. 

MÚSICA RELAXANTE DE VANGELIS, ENYA, MIKE OLFIELD,GWENDAL...