Hoxe, 8 de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller, levamos a cabo no centro varias actividades, todas elas encamiñadas a tomar conciencia de que as mulleres poden igual que os homes e reflexionar sobre a situación destas na sociedade. Os nosos corredores albergaron a exposición que organizaron a ANPA, a asociación Troula e a biblioteca "Mulleres polo mundo" coa súa caravana de mulleres.
Infantil
Mellora da convivencia
Da comezo o programa para a mellora da convivencia con dúas sesións, unha para 4º e 5º de Infantil e outra para 6º de Infantil, 1º e 2º de Primaria. A través do conto "Nin un biquiño á forza" e a súa posterior dinámica "Os nosos bicos" os nenos e nenas ademais de pasalo en grande aprenderon moitas cousas. Houbo música, baile e moita emoción!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13