Da comezo o programa para a mellora da convivencia con dúas sesións, unha para 4º e 5º de Infantil e outra para 6º de Infantil, 1º e 2º de Primaria. A través do conto "Nin un biquiño á forza" e a súa posterior dinámica "Os nosos bicos" os nenos e nenas ademais de pasalo en grande aprenderon moitas cousas. Houbo música, baile e moita emoción!!!