Proxecto de vida activa e saudable

Ligas de brilé

Cos últimos días de cole, tamén chegan os últimos partidos de brilé das nosas ligas internas. Estamos na fase final e pronto se coñecerán os gañadores dos diferentes cursos.

  

                          

Balonmán da man da Federación Galega

Como é habitual ao longo do curso, membros de diferentes clubs da contorna (béisbol, tenis de mesa, hockey, ...) ou das federacións, compartiron con nós momentos para axudarnos a coñecer mellor os seus deportes. Neste caso, contamos con adestradores da Federación Galega de Balonmán que acompañaron ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º durante esta última semana.

                                      

Volei no recreo!!

Coa chegada do bo tempo, habilitamos novos espazos de xogo. Así, os partidos de voleibol xa son habituais no noso tempo de lecer.

                                                      

ATLETISMO EN PISTA

Hoxe o alumnado de 4º de Primaria participou nas carreiras de Atletismo en pista dentro do Programa Xogade, no Campus universtario de Santiago. Estiveron xenial acadando moi bos postos. Parabéns!

 

 

  

MURAL REMATADO!

Xa temos o mural listo cunha fermosa paisaxe na que figuran as once parroquias do concello de Oroso, ademais de Vilacide e Porto Avieira, os seus cinco ríos máis importantes e as altitudes máis salientables entre as que destaca o monte do Petón con 375 m. na parroquia de Senra. Nos vindeiros días este muro serviranos para montar un Rocódromo, no que poidan escalar todos os nenos, beneficiándose así das múltiples capacidades físicas e psíquicas que aporta.

  

 

CAMPO A TRAVÉS - FASE PROVINCIAL

Este venres, 6 de marzo, celebrouse en Carballo a Fase Provincial do Campionato de Campo a Través.

O circuíto estableceuse no Polígono de Bértoa, con diferentes distancias para as categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete. Do noso centro competiron os equipos das categorías Benxamín (feminina e masculina), e Infantil (masculina).

Foi unha mañá moi divertida na que os nenos e as nenas do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro realizaron un esforzo enorme do que estamos moi orgullosos e orgullosas.

Parabéns polos resultados e polo gran esforzo realizado!   

 

Equipo Benxamín Feminino: 3º clasificado.

Equipo Benxamín Masculino: 4º clasificado.

Equipo Infantil Masculino: 2º clasificado.

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> 3ª Fase - Campo a Través

CAMPO A TRAVÉS - FASE INTERCOMARCAL

Xaneiro 2020

Este sábado, 18 de xaneiro, celebrouse en Santiago de Compostela a Fase Intercomarcal do Campionato de Campo a Través.

O circuíto estableceuse no Parque Eugenio Granell con diferentes distancias para as categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

Do noso centro competiron os alumnos e as alumnas das categorías Benxamín (feminina e masculina), Alevín (feminina) e Infantil (feminina e masculina).

A pesares da choiva, foi unha mañá moi divertida na que os nenos e as nenas do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro realizaron un esforzo enorme do que estamos moi orgullosos e orgullosas.

Parabéns polos resultados e pola actitude respectuosa e deportiva que sempre amosades!

  

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> 2ª Fase - Campo a Través

Carreira Campo a Través

Este martes, 3 de decembro, celebrouse a I Fase das Carreiras de Campo a través do programa XOGADE, en Castrofeito.

Un gran número de alumnas e de alumnos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria asistiron para participar nesta proba. Parabéns a todos e a todas, fixéstelo xenial! 

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> 1ª Fase - Campo a Través

Carreira campo a través

03/12/2019 09:45

Aprázase a I Fase das Carreiras de Campo a través do programa Xogade prevista para este venres 29 de novembro en Castrofeito. A nova data será o martes 3 de decembro.

Recreos lúdicos

A partir do mes de outubro comezamos a dinamizar os tempos de lecer con diferentes actividades durante o recreo

- Luns: Fútbol para 1º e 4º de Primaria. 

-Martes: Hortorecreos e fútbol para 2º e 5º de Primaria.

- Mércores: Hortorecreos e fútbol para 3º e 6º de Primaria.

- Xoves: Botamos un baile? no pavillón e día sen balón no patio.

-Venres: Let's Sing A Song na aula de inglés e día sen fútbol no patio. 

 

Ademais...

Toda a semana: caixón de xogos populares e de mesa, e lectura e empréstito de libros na biblioteca.