Robótica

OLYMPIC ESCORNABOT NA BIBLIOTECA

Do 27 ao 31 de maio realizouse esta actividade na que o alumnado respondeu a 5 preguntas relacionadas cun deporte olímpico.

As preguntas presentáronse nunha tarxeta e as respostas nun taboleiro realizado polo alumnado de 6º de EP nas clases de plástica.

Para contestar ás preguntas o alumnado colocaba o escornabot na saída, e dirixíao ata a imaxe correspondente.

 

Feira "Polos Creativos"

Esta semana, un grupo de alumnos/as de 5º de Primaria asistiu á Cidade da Cultura para representar ao noso centro nunha feira de ciencia e tecnoloxía. Alí presentaron o proxecto "Robot European Dance" que obtivera hai dous cursos os Selos de Calidade Nacional e Europeo eTwinning. Esta vez, o baile elixido foi un cachiño de Terra das Tanxugueiras que interpretaron os mBots vestidos de negro e dourado para a ocasión. 

Ademáis de atender ás autoridades e aos moitos mestres e alumnos/as de toda Galicia, que se interesaron polo noso proxecto, fomos entrevistados pola televisón, diferentes cadeas de radio e a prensa escrita. Tamén participamos nuns obradoiros e regaláronnos unhas mochilas e unhas camisetas. Foi un día moi intenso!

  

Foron varios os medios que se fixeron eco do noso proxecto. Fai clic sobre eles para ver, escoitar ou ler as súas reportaxes:

- Programa "Bos Días" da TVG (minuto 19:50)

- Cadena Cope

- Faro de Vigo

- Radio Galega

 

- Xornal comarcal Primeira Noticia

 

Álbum: Curso 2021 - 2022 -> Feira "Polos Creativos"

Escornabot and tablets in English

Esta semana o alumnado de 1º traballou con tablets e tamén con escornabots na clase de inglés. Foi unha maneira diferente de afianzar contidos ao mesmo tempo que se traballaron as destrezas dixitais.

 

ROBÓTICA EN INFANTIL

O alumnado de infantil de 4 e 5 anos,  durante o segundo trimestre iniciaronse en robótica a través de robot como: Beebot, Bluebot e Doc. A través deles traballaron a lateralidade: dereita, esquerda, adiante, atrás... conceptos espaciais, razoamento lóxico, vocabulario... e moitas cousas mais!

Using escornabot in the English class

Este curso, o alumnado de 1º e 2º de Primaria, iniciouse na robótica e na programación co uso de escornabots na área de Lingua Inglesa. Os escornabots son uns robots de chan, semellantes aos beebots, pero de software libre e hardware aberto; é dicir, que calquera pode contribuir á súa evolución. Prográmanse cuns botóns para executar secuencias de movementos. O seu nome vén da composición das palabras escornaboi + robot. O proxecto ten orixe galega.

Con eles, traballáronse diferentes taboleiros didácticos; dende as rutinas do comezo da clase (día da semana, tempo atmosférico e estado de ánimo) ata outros máis específicos sobre a historia e a cultura de diferentes países europeos. Aquí podedes ver un pequeno resume do curso:

PFPP ROBÓTICA

O pasado 3 de marzo un grupo de mestres interesados en Robótico tivemos unha clase co mestre Xurxo Cobelas ( un mestre apaixoado pola robótica e as novas tecnoloxías). Foi unha clase moi entretida, xa que aprendemos a construír un semáforo. Non so o construímos senón que conseguimos que funcionase, que tivese son... igual que os que vemos pola rúa, pero en pequeniño. 

Aquí vos deixamos unhas imaxes  e un vídeo:

 

 

Around Europe with a bot

Dende a área de lingua estranxeira, comezamos o 2º trimestre mergullándonos nun proxecto eTwinning con alumnado doutros centros: o CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey de Pereiro do Aguiar (Ourense), a Escola de Esporoes (Portugal) e o College Primary de La Salle (Malta).

Intercambiaremos taboleiros didácticos con imaxes e información sobre os 3 países, así como tamén outro do Reino Unido. Coa axuda de escornabots, percorreremos cada país e coñeceremos un pouco máis a súa cultura.

  

O alumnado de 1º e 2º de Primaria, xa está traballando co taboleiro británico e programando o escornabot para desprazarse polos máis emblemáticos lugares e símbolos do país.

 

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> Around Europe with a Bot

Os nosos robots van a... Luar!!!

O pasado venres, 8 dos nosos mBots xunto con cadanseu programador acudiron ao programa Luar da TVG para bailar en directo a "Muiñeira dos Nenos" que nós rebautizamos como a "Muiñeira dos robots" e que se fixo merecedora hai uns días do Selo de Calidade Europeo da plataforma eTwinning.


Tralos ensaios de rigor e a preparación dos robots no camerino, tocou saír ao escenario para a nosa actuación. Gayoso interesouse polo noso proxecto e preguntounos como xurdira a idea e canto tempo nos levou levala a cabo. Despois comezaba a nosa actuación que podedes ver picando sobre o vídeo.

Poder ver como se fai un programa destas dimensións en directo, estar no noso propio camerino ao lado de artistas famosos, os ensaios previos co equipo de realización e rexedores e, sobre todo, o cariño co que nos trataron a alumnado, familias e profesorado... fixo que esta experiencia fose incrible e irrepetible.

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> Imos a Luar

Robot European Dance

Rematamos o proxecto "Robot European Dance" cunha danza colaborativa que deseñamos entre todos os socios. Escollemos a canción "It's a small world". Mirade...

E aquí un pequeno resumo dos bailes propostos por cada país e as nosas interpretacións dos mesmos cos robots. Canto aprendemos e, sobre todo, canto nos divertimos!

 


 

ENAPA: Robótica e Club de Ciencia

Este martes tivo lugar a Escola de Nais e Pais (ENAPA) sobre os programas "Introdución á Robótica na Educación Primaria" e "Club de Ciencia" que se están a levar a cabo no noso centro dentro da estratexia EduDixital 2020.

 

Na parte de robótica, comentáronse os proxectos que se están a levar cabo dende Infantil ata Primaria. Interviron membros de Vermislab, que nos lembraron a importancia de desenvolver o traballo en equipo e de introducir ao alumnado no pensamento computacional. Tamén houbo tempo de experimentar con mBots.

Con respecto ao Club de Ciencia, repasáronse os experimentos levados a cabo ata o de agora, cunha demostración final do lanzamento de dous foguetes no patio do centro.