Orientación

AXUDAS ALUMNADO NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS 24/25

No BOE do venres 19 de abril de 2024 recóllese un extracto da Resolución de 12 de abril da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan as becas para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso 2024-2025. Estas axudas van asociadas a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista); así como, axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

O prazo de presentación de solicitudes vai desde o día 30 de abril  ata o día 13 de setembro de 2024, ambos inclusive. Poden informarse no centro.

Acceso á solicitude:https://sede.educacion.gob.es/portada.html 

Cuestionario sobre a convivencia

O Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia promove unha enquisa para a avaliación da convivencia nos centros escolares. Cada membro da comunidade educativa deberá cubrir o seu cuestionario para contribuir aos resultados.

A enquisa é anónima. Dende o centro repartimos claves de acceso que non identifican ás persoas que fan a enquisa.

O cuestionario leva cubrilo uns 15 minutos, e só se pode facer unha vez. Se se pecha sen rematalo, a clave de acceso non poderá volver usarseA enquisa estará operativa desde o 12 de abril ao 29 de abril de 2021 (ambos dous días incluídos).

É probable que o enlace dea unha mensaxe de erro de seguridade. Nesa pantalla, haberá que "añadir excepción", "confirmar excepción", "aceptar certificado" ou outro botón similar que indique que aceptas continuar.

Enquisa familias: https://edu.xunta.es/convfamil

Enquisa alumnado de 5º a 6º de Primaria: https://edu.xunta.es/convobrig

Enquisa profesorado: https://edu.xunta.es/convdoce

Enquisa persoal administración e servizos https://edu.xunta.es/convpas

AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2020-2021

O Ministerio de Educación e Formación Profesional acaba de publicar unha axuda para nenas e nenos con necesidades específicas de apoio educativo. 

Poderán solicitar as axudas os alumnos que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta e que se atopen cursando en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios.

Prazo de presentación ata o 30 de setembro.

Mais información no arquivo adxunto. 

Contidos educativos na G2 e en CLAN_tve

A CRTVG, a través da súa canle G2, amplia a súa programación educativa de luns a venres, de 10:00 a 13:30, para apoiar os estudantes galegos en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional:

10:00

Os Bolechas One, Two, Three.

 

 

 

 

 

 

10:30

O Teacher dos Bolechas. Ademais de impartir clases de inglés, chamará aos Bolechas para saber como están pasando estes días na casa.

10:50

Érase unha vez... os exploradores / Érase unha vez ... o home.

11:40

Aquelando na casa. Programa de divulgación científica.

11:55

O Sabedoiro. Espazo educativo en directo con obradoiros.

- Luns: Ciencias naturais e educación física.

- Martes: Inglés, manualidades e baile.

- Mércores: Lingua Galega e música.

- Xoves: Matemáticas e inglés.

- Venres: Ciencias Sociais e manualidades.

12:50

Xeoclip e Meteoxenios. Microespazos didácticos con contidos de xeoloxía, bioloxía, xeografía e historia destinados a alumnado de Secundaria e Bacharelato.

13:05

Ben falado. Espazo de promulgación da lingua galega.

13:10

Criaturas. 

Por outra banda, en CLAN Tve e la2, a programación educativa comeza ás 9:00 e remata ás 14:00h abranguendo unha materia cada día e unha franxa de idade cada hora. Consultade o horario para cada área e idade:

COMEZAMOS "ENTENDÉNDO-NOS"

Hoxe botou a andar o noso proxecto "Entendéndo-nos" da psicóloga Montse Lata, experta en Mediación, dentro da liña do Contrato Programa Con-Vive. Leváronse a cabo dúas sesións co alumnado de 5º e 6º respectivamente, no salón de actos. Montse fíxonos saber que os conflictos non se poden evitar e debemos aprender a sacar o bo deles. 

Destas sesións tiñan que saír tres nomes de cada grupo, elixidos polos propios compañeiros/as. Estes serían os/as que asistirían ás sesións de formación para ser mediadores. Que características debían de cumprir? Pois entre todos apuntamos varias, queriamos alguén que nos escoitara con atención, que non nos xulgara, que empatizara con nós, que fose positivo, que tivese sentido do humor... 

 

Semana da Ciencia e xornada de convivencia co CRA de Oroso

Esta semana estamos celebrando a "Semana da Ciencia" no noso centro. Desenvolvemos unha serie de sesións sobre a figura do científico destacando o papel da muller na ciencia, a importancia do traballo en equipo no eido da investigación, os materiais empregados habitualmente nun laboratorio e a execución de apaixoantes experimentos prácticos: fósiles vivos, a historia do planeta; a maxia da ciencia; o corpo humano: alimentación e plásticos...  

Ademais hoxe, xoves, tivemos a xornada de convivencia co alumnado do CRA de Oroso que se incorpora ao noso centro o vindeiro curso.

Aquí algunhas imaxes das prácticas levadas a cabo:

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Semana da Ciencia

Estamos seguros en internet?

Esta semana tivo lugar outra charla da Garda Civil para o alumndo de 5º e 6º, dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos. A temática xirou en torno á seguridade nas novas tecnoloxías e nas redes sociais. Foi moi interesante e aprendemos e reflexionamos sobre moitos riscos cos que nos atopamos a diario cando navegamos por internet. 

 

ADOLESCENTES NAS REDES SOCIAIS

11/12/2018 17:00

O martes 11 de decembro, ás 17h., tivo lugar no salón de actos do noso centro unha charla dirixida ás familias "Adolescentes nas redes sociais". A relatora foi Patricia Gómez Salgado, doutora en psicoloxía e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela.

Resultado de imagen de redes sociales adolescentes

A ANPA ofreceu servizo gratuito de ludoteca.

  

AXUDAS PARA ALUMNOS/AS CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 2018/19

O 14 de agosto saíu publicada a convocatoria de axudas para alumnos/as con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o presente curso 2018/19 para Educación Infantil e Primaria. O prazo remata o 27 de setembro do 2018.

3ª Charla da Garda Civil

27/04/2018 18:48

O pasado venres 27 de abril tivo lugar no noso colexio a 3ª das charlas da Garda Civil dentro do "Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos" dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Primaria.

A temática nesta ocasión era o bullying ou acoso escolar. Coma sempre, a charla, os materiais e as actividades que nos preparou Óscar fixéronnos reflexionar moito: como se sente unha vítima, o papel importante das testemuñas, como actuar, a quen acudir...

  

O vindeiro 29 de maio está programada unha charla sobre este e outros temas para as familias.