Esta semana estamos celebrando a "Semana da Ciencia" no noso centro. Desenvolvemos unha serie de sesións sobre a figura do científico destacando o papel da muller na ciencia, a importancia do traballo en equipo no eido da investigación, os materiais empregados habitualmente nun laboratorio e a execución de apaixoantes experimentos prácticos: fósiles vivos, a historia do planeta; a maxia da ciencia; o corpo humano: alimentación e plásticos...
Ademais hoxe, xoves, tivemos a xornada de convivencia co alumnado do CRA de Oroso que se incorpora ao noso centro o vindeiro curso.
Aquí algunhas imaxes das prácticas levadas a cabo: