DÍA INTERNACIONAL DA MULLER coa TVG

Hoxe, 8 de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller, levamos a cabo no centro varias actividades, todas elas encamiñadas a tomar conciencia de que as mulleres poden igual que os homes e reflexionar sobre a situación destas na sociedade. Os nosos corredores albergaron a exposición que organizaron a ANPA, a asociación Troula e a biblioteca  "Mulleres polo mundo" coa súa caravana de mulleres. Así mesmo o alumnado de 6º de Primaria relatoulle un conto ao de 1º na biblioteca "O país dos mandóns". Tampouco faltaron actividades en Infantil onde os nenos e nenas máis pequenos representaron contos en prol da igualdade. De todo isto foi testigo a TVG co seu programa A Revista, que estivo no cole; http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-2783507  (minuto 17:34, 1º directo e minuto 57:50, 2º directo). 

 

Por outra banda o alumnado de Infantil asistiu no centro cultural Fernando Casas Novoa, á sesión de títeres da compañía Babaluva co seu espectáculo "Tita". Que ben o pasaron!