Infantil

VISITA AO AQUARIUM

O alumnado de Infantil viaxou ata A Coruña para visitar a "Casa dos Peixes". Tiñamos moita curiosidade por observar de cerca a Gastón, o tiburón co que realizamos un pequeno paseo.

Tamén tocamos estrelas de mar, vimos cabaliños de mar, medusas, peixes grandes e pequenos, as focas...

Unha divertida xornada que non dubidamos en repetir.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Casa dos Peixes

Robótica en Infantil

Alumnado da Universidade de Santiago de Compostela e unha investigadora da Universidade de La Rioja, xunto co profesorado do centro, están levando a cabo un taller de iniciación á programaciónrobótica co alumnado de Educación Infantil.

Primeiro, exploración libre, vendo as posibilidades de acción dos robots. Despois, retos dirixidos e programación, rexistrando traxectos e interpretando os dos compañeiros/as, comprobando e comparando resultados...

Seguro que en máis dunha casa xa escoitastes falar deles!

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Robótica Infantil

"Burbujas de Papel"

"Burbujas de papel" é un espectáculo que combina a danza, a música e a interacción multimedia, creando unha proposta visual e plástica que xoga coa imaxinación do nen@ para ir a un mundo fantástico.

Roger, un trompetista namorado das pompas, coñece a unha fada moi traste que lle axudará a devolverlle as ganas de xogar, rir, imaxinar e bailar.

Con "Burbujas de papel", os nen@s de infantil fixeron un percorrido por un mundo de fantasía cheo de pompas de todo tipo.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Burbujas de Papel

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

  “La paz es hija de la convivencia, la educación y el diálogo”: Rigoberta Menchú, premio Nobel de Paz.

Hoxe, 30 de xaneiro, é o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, que morreu asasinado en 1948 na India. Foi un gran loitador que empregou todo tipo de estratexias, pero nunca a violencia. Detestaba as inxustizas e defendía a xente máis débil. 

No colexio quixemos celebrar este día cun pequeno acto, no que cada nivel nos mostrou o mellor dalgún persoeiro, que dalgunha maneira traballou en prol da PAZ. O alumnado de 3º A agasallounos cunha fermosa versión da canción "No dudaría", que nos invitou a reflexionar para non empregar nunca a violencia. Así mesmo algúns dos alumnos/as de 6º B, nos interpretaron o tema "Imagine" de John Lenon, en francés e inglés, sen dúbida unha das cancións que máis representa a unión de culturas. Noraboa a todos/as!!!

              

Máis fotos no seguinte álbum.

Recepción de Melgasar, Xandobela e... moito máis!

Chegou o gran día. Hoxe, ademais de comezar o inverno oficialmente, é o derradeiro día de clase deste trimestre e os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro están moi emocionados polas actividades da xornada. 

Ás 10h comezaba a recepción de Melgasar, o carteiro real das súas Maxestades de Oriente. E vaia calorosa benvida lle deron os nenos/as de infantil!

Na biblioteca comezaban os primeiros talleres de maquillaxe e perruquería, e no patio cuberto os xogos de Xandobela! Que ben o están a pasar!

  

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Nadal 2018

Coñecendo máis ao Apalpador

Este Nadal, o noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer máis de preto ao Apalpador. E tan de preto, que ata entraron na súa casa. 

 

Alí puidemos comprobar como era o seu día a día, as súas tarefas, os seus enredos...

 

 Chamáronnos a atención moitas cousas, como facía o carbón, como secaba as castañas...

E o máis importante, aprendemos moito sobre a nosa historia e cultura.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Apalpador

Intercambio de postais de Nadal

Nos últimos días do primeiro trimestre, fíxose o intercambio de postais de Nadal elaboradas polo propio alumnado entre aulas. Que emoción recibilas da man dos seus propios compañeiros/as!

  

Algúns tamén compartiron algunha que outra lamboada!

 

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Intercambio de postais

Concerto de Nadal

O alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria asistiu este luns á primeira actividade de Nadal, un concerto no Salón de Actos. Que ben o pasaron!

 

Saída ao cine

Chega decembro e, como xa é habitual no noso cole, o alumnado de infantil realiza unha das saídas que máis ilusión lles fai: ir ao cine!

Esta vez acercámonos ás “Cancelas” para ver : “EL GRINCH” un ser verde que vive nunha cova situada no alto dunha montaña e que pretende estropearlle o Nadal ao pobo Villaquien.

Disfrutamos moito da experiencia, e recomendámosvos esta peli ao pesar do pequenos que somos, pois resalta aspectos moi importantes a ter en conta non só no Nadal.

Seguimos movéndonos pola Prehistoria

O edificio de Infantil xa está mimetizado coa etapa histórica que lles tocou estudar: a Prehistoria.

A entrada ao colexio semella unha caverna na que os primeiros homínidos, aínda nómadas, se refuxiaban.

O alimento conseguíano mediante a recolección de froitos, a caza e a pesca; e como Oroso é terra de ríos e pescadores, non podía faltar un río (ata ten unha fervenza) onde bañarse e pescar.

Máis fotos no álbum:

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Unha viaxe a través do tempo (A Prehistoria)