Infantil

Saída ao cine

Con moita ilusión saímos este xoves 14 de decembro o alumnado de Educación Infantil do CEIP de Sigüeiro, para achegarnos ata o Centro Comercial "As Cancelas" de Santiago. Alí disfrutamos do corto "Olaf" e da película "Coco", unha historia que ocorre en México e que conmoveu aos nosos pequen@s. 

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Saída ao cine (E. Infantil)

Participamos na presentación do disco "Eu cociño, ti cociñas"

O noso alumnado participou na presentación do libro-disco "Eu cociño, ti cociñas" de Mamá Cabra o pasado 3 de decembro no Auditorio de Pontevedra.

    

Ata alí se desprazou parte do noso alumnado, familias e, como non, profesorado que levou e segue a levar a cabo esta iniciativa na que a alimentación e a cociña son as protagonistas da aprendizaxe. 

                  

Moitas grazas Gloria por poñerlle voz e música ás receitas do noso alumnado e moitas gracias Pili e María por darlle sabor á aprendizaxe nunha etapa tan importante coma a da Educación Infantil.

Seguide todas as receitas desta tempada no seu blog Eu cociño, ti cociñas.

 

A nosa primeira saída!

O pasado mércores, os nenos e as nenas de 3 anos achegámonos ao Club Hípico de Santiago para compartir a mañá con MATILDA e PERUCHO, os ponis que con tanta paciencia deixaron que os cepilláramos e nos que  montamos (non sen antes poñer os cascos) para dar un pequeno paseo.

 

Nesta xornada aprendemos un montón de cousas sobre os cabalos e os ponis, ademais de pasalo en grande cuns animais tan pequeniños. Todas as fotos no seguinte álbum.

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Visita ao club hípico de Santiago

Sesión Teatral "O Cardume"

O alumnado de E. Infantil trasladouse o pasado martes 28 de novembro ao Centro Cultural Fernando Casas e Novoa onde asistiu á representación "O Cardume". Trátase dun espectáculo que combina a narración oral coa música en vivo onde os personaxes traballan en conxunto para acadar os seus soños, promovendo valores como a cooperación, solidariedade, a axuda mutua, a igualdade ou a equidade.

 

 

Benvidos á Escola de Maxia e Feiticería Hogwarts

Os alumnos/as e mestras de Educación Infantil metéronse de cheo no mundo da maxia, a fantasía e a mitoloxía. Hogwarts, a famosa escola de maxia e feiticería de Harry Potter, atópase esta tempada en Sigüeiro, poida que por algún truco ou feitizo dos nosos expertos magos. E o noso alumnado asiste a clases de astronomía, encantamentos, pocións, historia da maxia, transformacións, coidado de criaturas máxicas, voo con vasoira... Precisamente a clase de voo impártese no 1º ano de Hogwarts, así que non vos extrañe cando entredes se vedes as vasoiras e xestas do alumnado colgadas do teito.

 

E como di o lema do colexio "Nunca fagas cóxegas a un dragón durmido"

Reunión coas familias do alumnado de 3 anos

08/09/2017 10:30

O venres 8 de setembro, ás 10:30 h. terá lugar a reunión informativa para as familias do alumnado de 3 anos que se incorpora ao centro.

LAND ART MATHS con ÁNGEL ALSINA

Esta semana visitounos ÁNGEL ALSINA! Que ... quen é? Pois nada máis e nada menos que un investigador internacional en Educación Matemática. Estivo co alumnado de Infantil onde coa colaboración das familias e coa participación de todo o equipo docente, se levou a cabo unha xornada LAND ART con pensamento matemático. Despois de ter seleccionado e clasificado distintos materiais da contorna, nesta sesión os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos mesturados e divididos en equipos, traballaron colaborativamente realizando produccións artísticas. Posteriormente coa axuda de Ángel e das mestras de Infantil, tivo lugar unha sesión de reflexión observando formas, series, regularidades, cantidades...

REVIVINDO OS TRABALLOS DOS AVÓS E AVOAS

Hoxe, como peche á celebración das Letras Galegas, tivemos a sorte de contar no colexio con avoas, mamás e papás, que nos viñeron lembrar ou máis ben ensinar, algúns dos traballos que eles fixeron e que reviven con cariño. E para iso nada mellor que poñerse á tarefa. Todo o alumnado de Infantil puido descubrir que non sempre houbo lavadora ou camións para o transporte de mercadorías. 

 

XA ESTÁ AQUÍ A NOSA PARTICULAR GALIÑA AZUL!!!

O noso alumnado de Infantil estaba impaciente e desexoso de que rematara a conta atrás para o nacemento dos pitiños entre os que se atopaba, como non! A Galiña Azul. Eran 21 días que foron tachando un a un. E por fin puideron presenciar o nacemento da que será unha galiña algo diferente ás outras, coma a de Casares. Que emoción!!!