LAND ART MATHS con ÁNGEL ALSINA

Esta semana visitounos ÁNGEL ALSINA! Que ... quen é? Pois nada máis e nada menos que un investigador internacional en Educación Matemática. Estivo co alumnado de Infantil onde coa colaboración das familias e coa participación de todo o equipo docente, se levou a cabo unha xornada LAND ART con pensamento matemático. Despois de ter seleccionado e clasificado distintos materiais da contorna, nesta sesión os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos mesturados e divididos en equipos, traballaron colaborativamente realizando produccións artísticas. Posteriormente coa axuda de Ángel e das mestras de Infantil, tivo lugar unha sesión de reflexión observando formas, series, regularidades, cantidades... desenvolvendo desta meneira o pensamento matemático. Estivo xenial e foi unha xornada de aprendizaxe en equipo a tódolos niveis. Que mellor forma de aprender!!! GRAZAS ÁNGEL POR VIR AO NOSO COLE!