Teatro Arbolé trae "Los tres cerditos" á Fundación SGAE, e nós, os máis pequenos do cole de Sigüeiro non podiamos perder esta oportunidade. Comezamos a semana acudindo a Santiago para ver unha adaptación da tan popular historia con monicreques, onde nos contan as aventuras de Tocinete, Cochinillo e Gorrinico. No seguinte video poderedes ver un resumo da función desta compañía aragonesa.
Infantil
"O país dos mandóns"
Para conmemorar o Día da Muller, o concello convidou ao alumnado de Infantil a asistir a unha representación teatral no centro sociocultural Fernando Casas e Novoa. Alí, ben atentos a todo o que acontecía e cos nosos compañeiros do CRA de Oroso, coñecemos "O país dos mandóns".
Pepino, Pepón e Pepuccia camiñan polo mundo debuxando no seu mapa os lugares por onde pasan. Estiveron en moitísimos países: o país do revés, o país das chuches, o país da música, o país das cores...e tamén o país dos mandóns. O seu paso por este país coincidiu cun gran cambio. Grazas a Clara ese lugar feo e triste converteuse nun lugar bonito e feliz. Dende entón coñécese como O País da Igualdade.
Os beebots desprázanse por Sigüeiro
Todos os martes o alumnado de infantil traballa robótica e programación cos pequenos beebots ou robots-abella. Con eles aprenden conceptos como a direccionalidade, a secuenciación, a estimación ou a resolución de problemas. Agora están recreando a nosa vila, Sigüeiro, pola que desprazan os beebots para chegar a diferentes lugares: dende a Foca ata a praza de Isaac Díaz Pardo onde se atopa o concello, a comisaría de policía, ou o Parque do Carboeiro, etc.
Máis fotos no seguinte álbum:
A nena e o grilo nun barquiño
O pasado xoves día 1 de marzo o alumnado de Infantil acudiu á cita que tiña programada con Maxín Blanco no auditorio da Fundación A Banca; música e teatro en galego para descubrir o mundo a través da curiosidade e da creatividade no espectáculo "A nena e o grilo nun barquiño".
O CEIP de Sigüeiro nevado!
Levábamos uns días agardando que a neve que xa disfrutaban os nosos compañeiros do colexio St Godric de Durham chegase ata Sigüeiro e o pasado mércores, por fin tivemos a nosa recompensa. Esa mañá, erguémonos cun fino pero suficiente manto branco. A neve, por fin fixera acto de presenza en Sigüeiro! Que emoción! E deixaba estas preciosas estampas do noso cole. Pero o que é máis importante, tamén nos propoñía retos e investigacións que levar a cabo, e se non botádelle un ollo á nova que compartiu a clase de 5 anos dentro do seu proxecto de investigación arredor da auga.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
XORNADA DE PORTAS ABERTAS: MARTES 27 DE FEBREIRO ÁS 17:00
PARA TODAS AS FAMILIAS INTERESADAS EN COÑECER O NOSO CENTRO ESCOLAR
Cociñando rosquillas
Hoxe o alumnado de 6º de Infantil e o de 6º de Primaria xuntáronse para unha misión moi doce: cociñar unhas rosquillas de Antroido.
Pero primeiro hai que lavar as mans, escribir a receita, procurar os ingredientes e preparar todos os utensilios.
Despois toca mesturar os ingredientes, amasar e facer as rosquillas. Por último fritir en abundante aceite e espolvorear con azucre moído. O resultado, unhas saborosas rosquillas!!!!
Máis fotos no seguinte álbum
Recepción de Melgasar
Chegou o día. Por fin lle poderiamos entregar as nosas cartas en man a Melgasar, o carteiro real das súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente. Saímos ao patio e fixemos un corredor para recibilo e saudalo. Cando por fin vimos chegar o coche que traía a Melgasar, a emoción invadiunos por completo. Despois de darnos a man e saudarnos, convidámolo a entrar ao noso cole. Encantoulle a decoración de Hogwarts e a nosa árbore de Harry Potter. En fila e por orde démoslle as nosas cartas e el preguntounos se nos portaramos ben este ano. "Claro que si!" dixemos. Díxonos que, entón teriamos algún agasallo. Despois sacamos algunha foto con el.
Actualizadas as fotos do album:
Á espera de Melgasar!
Xa temos todo listo para a visita de Melgasar, o carteiro real, ao noso cole. E vós tedes as vosas cartas preparadas? Pois a rematalas axiña porque mañá xoves ás 10 en punto comezará a recepción no edificio de Infantil. De seguro que Melgasar repara na nosa árbore decorada con obxectos de Harry Potter.
Precisarán as súas maxestades dun lentes para ler tantas cartas? E de bufandas para recorrer climas menos cálidos que os de Oriente? E se tiveran variñas máxicas ou algunha das nosas vasoiras voadoras? Igual lles podemos emprestar algo.
Pero iso non é todo, tamén seguiremos cos obradoiros de maquillaxes e peiteados de Nadal, teremos contos, teatro e concertos e, para os de Primaria, o espectáculo Pistacatro no Salón de Actos. Non o perdades!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »