Para conmemorar o Día da Muller, o concello convidou ao alumnado de Infantil a asistir a unha representación teatral no centro sociocultural Fernando Casas e Novoa. Alí, ben atentos a todo o que acontecía e cos nosos compañeiros do CRA de Oroso, coñecemos "O país dos mandóns".
Pepino, Pepón e Pepuccia camiñan polo mundo debuxando no seu mapa os lugares por onde pasan. Estiveron en moitísimos países: o país do revés, o país das chuches, o país da música, o país das cores...e tamén o país dos mandóns. O seu paso por este país coincidiu cun gran cambio. Grazas a Clara ese lugar feo e triste converteuse nun lugar bonito e feliz. Dende entón coñécese como O País da Igualdade.