Infantil

Reunión informativa alumnado de 3 anos

05/09/2019 10:30

O xoves 5 de setembro, ás 10:30 h. terá lugar no salón de actos a reunión informativa para as familias do alumnado de 3 anos que se incorpora ao centro. Falarase do período de adaptación e doutros temas de interese.

Xogos Tradicionais Infantil

Continuamos coas actividades das Letras Galegas e hoxe recibimos a Mari de Loureiro, amiga de Antón Fraguas, e a Dona carme, a que sempre estaba a durmir...

Con elas disfrutamos dunha fermosa e divertida historia ademais de compartir unha morea de xogos tradicionais que rematamos co coñecido "pase misí".

Gracias á Asociación DiverCida por facernos pasar unha agradable xornada.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Xogos Tradicionais Infantil

VIII Festa da Troita

Para rematar a semana e coincidindo coa cita gastronómica do noso concello, o alumnado de Infantil celebrou a VIII edición da súa Festa da Troita. 

Os máis pequenos colaboraron cociñando...

Despois tivo lugar a degustación. Tivémola que facer dentro porque "as herbas estaban molladas e non puidemos acampar".

 

E, como non, a xa tradicional carreira pedestre. Velaiquí os gañadores de cada nivel.

E de recordo, levaron un pin que elaboraron eles mesmos, para as súas casas.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> VIII Festa da Troita

Recuncho da Música e Danza Tradicional Galega

Durante todo este mes de abril, o noso centro acolleu as prácticas de cinco alumnas do Máster de Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para a Educación Infantil e Primaria (DIDES) da USC. Dúas delas, Bea e Noemí, centráronse na actividade "Botamos un baile?" que levamos a cabo os xoves nos recreos, e desenvolveron un proxecto arredor do baile e a música tradicional en Infantil.

Crearon o Recuncho da Música e a Danza Tradicional Galega e alí desenvolveron obradoiros de instrumentos, baile, cantigas e... ata aturuxos! O alumnado coñeceu de primeira man instrumentos como a pandeireta, o tambor, o bombo, as cunchas, as tarrañolas, a lata de pimentón, a gaita ou o acordeón. Aprenderon picados e puntos de muiñeira e ata se atreveron cunha pequena cantiga.

 

 Nestas semanas, tamén tivemos visitas especiais como a de Julia, unha artesá que fabrica instrumentos, ou a das pandereteiras Sara, Lorena, Roco e Candela que nos deleitaron coas súas voces e a súa mestría riscando a pandeireta.

 

Para rematar, nada mellor que poñer en práctica todo o aprendido nunha auténtica FOLIADA na que os nosos alumnos/as bailaron, tocaron, cantaron e tamén aturuxaron! Moitas grazas Bea e Noemí por todo o que nos ensinastes!!!

 

Presentación do libro: Redondiño

O venres 12 de abril, o alumnado de 3 anos A asistiu no Salón de Actos do colexio á presentación de "Redondiño", o libro que con moito cariño crearon entre todos. Ao acto tamén asistiron as súas familias, profes e tamén dúas persoas moi especiais... a ilustradora Olaya Naveira e a compositora e cantante de "Mamá Cabra" Gloria Mosquera (que encheron de imaxes e de música esta aventura).

  

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Presentación do libro: Redondiño

Concerto Mamá Cabra

Antes de irnos de vacacións de Pascua, os alumnos/as de infantil asistimos a un concerto da xenial Gloria Mosquera de Mamá Cabra. Coma sempre, espectacular!

Moitas grazas por visitarnos, esta sempre será a túa casa.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Concerto Mamá Cabra

Infantil recicla

Nada mellor que iniciar aos máis pequenos no reciclado para facer alumnos responsables co medioambiente.  En 5ºB de infantil xa o están a poñer en marcha facendo colectores de papel.

                     

Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR)

O alumnado de infantil está inmerso de cheo na prehistoria, proxecto de centro que se está a traballar; de ahí que a finais deste mes de marzo tomásemos a decisión de coñecer máis de preto todo o que estamos a aprender no cole e colleramos rumbo a Campo Lameiro para coñecer de primeira man como se vivía naquela época.

Cun paseo polo parque puidemos ver e tocar os petróglifos cos principais motivos que os prehistóricos plasmaron nos gravados rupestres galegos.

Visitamos un poboado no que nos deixaron acceder ás chozas para velas por dentro e fixarnos en todos os detalles.

Tamén realizamos un obradoiro de pinturas rupestres no que demostramos o artistas que somos. E para finalizar, fixemos un percorrido pola exposición na que nos atopamos cun verdadeiro prehistórico!!

 

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

Teatro Principal 2019

20/03/2019 19:44

Saida ao Teatro Principal, Marzo 2019, "Danza da choiva"

Este mercores, os alumnos e alumnas de infantil e 1º, achegáronse ata o Teatro Principal de Santiago para asistir ao espectáculo de musica e monicreques "A danza da choiva". Que recibiu o premio María Casares 2017, ao mellor espectáculo infantil. 

 

 

 

Conservatorio Histórico

A profe Begoña de música convidounos a visitar o Conservatorio Histórico de Santiago. Alí, realizamos unha pequena viaxe a través de diferentes países, participando nas diferentes actividades musicais e sen deixar de cantar en nigún momento!

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Saída ao Conservatorio Hco: Unha viaxe a tempo