Infantil

VISITA DO APALPADOR

Por fin chegou Noiteboa!

Estamos por aquí para contarvos que, nos últimos días de clase, tivemos varias visitas especiais. Queredes velo?

A primeira delas, directo dende a Serra do Courel... chegou o APALPADOR!

CORRELINGUA. CONTACONTOS DE VERO RILO.

Hoxe recibimos no cole, da man de Correlingua, a Vero Rilo. Unha gran contadora de contos que deixou ao profesorado e ao alumnado de 5º e 6º de infantil encantados. Contou diferentes historias como “Velliñas”, “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”, “A vaca que puxo un ovo”... e diferentes contos  de tradición oral, deses que gardan un encanto especial ao conservarse, precisamente, por ter quen os conte, e ao mesmo tempo, quen os escoite para volver contar e así nunca se perdan, como por exemplo "Leite". Todos eles foron contados de xeito oral e acompañados de linguaxe de signos. Foi tal o pracer, que xa nos tarda volver escoitala.

Moitas grazas Vero! Moitas grazas Correlingua!

   

Reunións informativas alumnado de Infantil

06/09/2021 10:00

O luns 6 de setembro, terán lugar as reunións informativas para as familias do alumnado de Educación Infantil nas que se falará do período de adaptación e doutros temas de interese.

- 5 anos: Ás 10:00 no patio cuberto de Infantil. 

- 3 anos A: Ás 10:30 no Salón de Actos.

- 3 anos B: Ás 12:00 no Salón de Actos.

- 4 anos: Ás 12:00 no patio cuberto de Infantil.

Aproveitamos para dar a benvida aos novos alumnos e familias de 3 anos que se incorporan ao centro e lembrar que o curso arrancará o día 9 de setembro.

CHEGA O FIN DE CURSO

Pasiño a pasiño chegamos á última semana deste particular curso 2020-2021. E coma durante todo o curso, tamén o final está condicionado pola pandemia que nos tocou vivir. Non podemos facer festival e festa todos xuntos, non poden entrar as familias e compartir a última xornada con nós... Pero sen algo especial non podiamos quedar! Hoxe, luns 21, o tempo non acompañou e impediu levar a cabo algunha das actividades que tiñamos proxectadas, coma a andaina por un tramo do Camiño Inglés que ía facer o alumnado de 5º e 6º ou a saída ao Carboeiro de 3º e 4º. Pero bueno, quen si puideron divertirse foron os nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º de Primaria. Pasárono en grande cantando e bailando con Javier Solla. Que diversión!

 

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Fin de curso

David Navarro con nós

Hoxe acompañounos no colexio David Navarro ex xogador do Obradoiro. Presentounos o seu libro "O Soño de Liam" e firmou os exemplares que tiñamos. Aprendemos que os soños se os perseguimos pódense cumprir. Grazas David

 

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Para conmemorar o Día do Medio Ambiente, os nenos e as nenas de 5ºB E.I. participaron, grazas á colaboración das familias, dunha proposta inspirada no movemento "Coge3" (iniciativa que puxo en marcha fai anos un club de kitesurf de Barreiros, na Mariña Lucense).

Se te animas é moi doado! Cada vez que vaias ao río, ao monte, á praia, dar un paseo por unha contorna natural... recolle 3 residuos e bótaos no colector correspondente. Será un pequeno gran xesto!

Pedro Brandariz "Senlleiras"

Hoxe tocoulle a Infantil participar dunha das actividades que nos ofreceu o concello. Estivo no colexio Pedro Brandariz con "Senlleiras" achegándonos ás mulleres que foron homenaxeadas no día das Letras Galegas ao longo da súa historia. Tan só catro foron as escollidas ata Xela; Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño e Mª Victoria Moreno. Fenomenal coma sempre!

 

CORRE CORRE Á HORTA.

Esta semana os nenos e nenas de 5 anos estiveron traballando na aula o conto Corre Corre Cabaciña. Cando

remataron de lelo correron á horta como a protagonista do conto, a plantar as cabazas e cabaciñas das que

fala o libro. Para completar a súa parcela tamén plantaron berenxenas e leitugas.

 

 

 

Pedro Brandariz "Héroes e Heroas"

O alumnado de Infantil e 2º de Primaria, rematou este segundo trimestre cun conto interpretado polo gran Pedro Brandariz. Con "Héroes e Heroas" aprendemos que nenos e nenas podemos ser igual de valentes ou igual de sensibles. Gracias ao concello de Oroso por achegarnos este conto.