O CURSO ESCOLAR 2020/2021 DARÁ COMEZO O DÍA 11 DE SETEMBRO, PARA O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL (5 ANOS) E O ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA.
Lembra:
- Horas de entrada:
*Durante o período de adaptación, o alumnado de 5 anos deberá seguir o horario indicado polas titoras tanto para as entradas como para as saídas.
- 9:30: Alumnado non transportado.
- 9:40: Alumnado de transporte. Mantense o horario habitual nas paradas.
- Horas de saída:
- 14:30: 4º Primaria.
- 14:35: 5º Primaria.
- 14:40: Infantil 5 anos.
- 14:45: 6º Primaria.
- Saída do comedor:
- 15:00: Alumnado de Infantil non transportado.
- 15:30-15:40: Alumnado transportado. Chegada ás paradas no horario habitual.
- 15:45: Alumnado de Primaria non transportado.
- Durante o mes de setembro, o alumnado de 5 anos poderá entrar ata a porta acompañado por 1 única persoa.
- Desprazamentos seguindo as frechas e mantendo a distancia de seguridade.
- Uso obrigatorio de máscara (en Infantil é recomendable).
- Compromiso de non enviar ao colexio alumnado con sintomatoloxía compatible coa COVID.