HortocolSigu

Á Horta!!!

Hoxe saiu o sol así que no recreo fomos á horta a sacar herbas e preparar a terra para poder prantar as ceboliñas, que xa estamos no tempo. É moi gratificante este traballo de poñer a terra a punto, prantar as sementes ou prantas, que ao longo do inverno preparamos en tarriños, coidalas con cariño e ver como medran!!!

              

  

O noso proxecto Voz Natura na radio

O pasado 18 de outubro, a locutora de Radio Voz Eva Millán entrevistaba ao noso alumnado e profesorado acerca do proxecto Voz Natura que desenvolvemos no noso centro e máis concretamente sobre a nosa horta para o seu programa "Voces de Galicia". Podédelo escoitar aquí. Parabéns polo voso traballo!!!

Os nosos recreos

A semana pasada como fixo moi bo tempo baixamos moitos días ao horto no recreo e aproveitamos para...

sementar nabizas

para plantar repolos

regar os tomates e leitugas do invernadoiro

levar os plásticos, que recolleron os nosos compañeiros de infantil no Carboeiro ao colector amarelo

Pero non todo acabou aquí!  Tamén participamos na  Andaina  de Asanog

CARTEIS POLO CLIMA

Esta é unha pequena mostra da visión que teñen os nosos alumnos e alumnas sobre o cambio climático.

      

Hortocol

Setembro 2019

Este martes, día 24 de setembro, volvemos a desfrutar no centro da recolleita da nosa horta. Xa sabedes que estades convidados e convidadas a visitarnos e mercar estes produtos tan saborosos...!

Semana polo clima

23/09/2019 09:45
27/09/2019 14:45

No CEIP Plurilingüe de Sigüeiro sumámonos neste comezo de curso, no que Os Bosques centrarán o noso Proxecto Integrado de Centro, ás propostas de concienciación medioambiental da "Semana polo clima". Trátase de pequenas accións sinxelas a levar a cabo na semana do 23 ao 27 de setembro na liña do noso Proxecto Voz Natura.

Unha árbore, unha historia

Onte tamén tivo lugar a entrega de premios do concurso literario de relato curto "Unha árbore, unha historia" no que participaba alumnado de 5º e 6º do noso centro. O acto, promovido pola empresa Vegalsa, tivo lugar nas instalacións do supermercado Familia da nosa vila. Tras unhas palabras dos responsables do proxecto e dos directores dos dous centros educativos de Sigüeiro, procedeuse a coñecer os gañadores en cada categoría. Polo noso colexio, resultaron gañadoras Nerea Barcala de 5ºA e Julia Otero de 6ºA polos seus relatos con árbores como protagonistas. 

Despois, desprazámonos a un terreo contiguo ao supermercado para realizar a plantación de árbores autóctonas. 

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Unha árbore, unha historia (Vegalsa)

Hortocol colabora con ASANOG

Recaudamos 175 € coa venda dos productos da nosa horta. E coma todos os cursos, estes van destinados a unha causa benéfica. Nesta ocasión á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).

O día 21 de xuño achegarase ao noso cole un representante de ASANOG a quen lle faremos entrega dun cheque por este importe. Gracias a todos os que mercastes produtos Hortocol. Son bos, sons sans... e o máis importante, contribúen a que o soño de moitas familias teña un final feliz.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Cheque Asanog

Dende o noso horto á túa mesa...

Mirade cantas leitugas temos no noso invernadoiro! Mara, Manu e Carla de 2º foron a recollelas. Case non cabían nas cestas...

 

Como di o noso lema: Son boas, son sans e son de Hortocol!

E como todo o bo se acaba, axiña non quedou ningunha. Pero tranquilos/as, o próximo martes haberá máis!!!

 E mirade como medran as nosas patacas...