Aproveitando que comezou a primavera e que nestas datas se celebra o Día da Árbore, na xornada de hoxe baixamos ao patio por ciclos a plantar árbores autóctonas: dous castiñeiros, unha nogueira e unha abeleira. Pero primeiro preparamos o terreo onde iamos plantar e fixemos os buratos coa sacha. Podedes ver as fotos no seguinte álbum:
HortocolSigu
Plantamos chícharos
Posto que non podemos saír ao horto, hoxe os nenos e nenas de 3º decidimos plantar chícharos na clase. Para isto reutilizamos os envases das leitugas.
Enchemos os envase de terra...
Puxemos un chícharo en cada un...
Cubrimos con máis terra e regamos.
Agora só queda agardar a que medren!
O noso invernadoiro segue medrando
O noso invernadoiro segue medrando. Despois das primeiras leitugas que non nos esquecemos de regar, plantáronse outras pequenas para que poidamos seguir tendo produción cando as primeiras comecen a pasar. Da gusto ver como se enche o noso invernadoiro!
Como medran!
Mirade que preciosas están as leitugas que plantamos hai uns días no invernadoiro!!!! O bo tempo dos últimos días prestoulles moi ben!
Pero non só medran as leitugas, as ceboletas que plantamos nos semilleiros e algunha que outra castaña tamén están agromando. Hurra!
Tamén plantamos cebolas
Mentres as nosas castañas empezan a agromar, decidimos reutilizar os envases nos que viñan as leitugas para sementar unhas ceboletas.
Invernadoiro listo!
Hoxe o alumnado do 3º ciclo estivo na horta preparando todo para comezar a usar o invernadoiro. Colocaron o plástico, sacharon e aboaron a terra e xa plantaron as primeiras leitugas.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »